Compostela Aberta urxe a Bugallo a cumprir os seus compromisos coa veciñanza de Figueiras

  • CA levará ao Pleno un rogo para que o Goberno atenda as demandas da A.VV. Nova Xeira
  • Xan Duro lembra que “hai sete meses, o Goberno xa se comprometeu a reiniciar a licitación da pista de pádel de Figueiras, e non seu nin un só paso ao respecto”

Compostela Aberta reclamará no próximo Pleno que o Goberno atenda as demandas da Asociación Veciñal Nova Xeira de Figueiras, que vén de denunciar o incumprimento dos compromisos adquiridos coa parroquia polo propio alcalde nunha visita realizada hai só tres meses. O concelleiro Xan Duro lamentou “a incapacidade manifesta do equipo de Bugallo, que non foi quen de desbloquear ningún dos asuntos que son prioritarios para a veciñanza de Figueiras, e que segue instalado na escusa permanente da pandemia e da crise para non resolver ningunha das cuestións que son da súa competencia”.

A Asociación Veciñal Nova Xeira de Figueiras denunciou hoxe “a incapacidade de xestión do Goberno municipal e a súa falta de credibilidade”, porque non resolveu ningunha das cuestións ás que se comprometeron o alcalde e o concelleiro do Medio Rural nunha visita á parroquia hai tres meses. No escrito, o colectivo relata as súas demandas, relativas á reparación de dúas enormes fochancas na pista que vai desde a papeleira de Brandía ata Marmancou; a paralización das obras da pista de pádel, ou a falta de impulso á senda peonil desde o Carme de Abaixo ou á reposición do alumeado público. Para Xan Duro, “o máis grave é que non estamos diante de demandas novidosas, senón que a veciñanza non está máis que reivindicando cuestións que Bugallo non atendeu nos tres anos que leva de mandato”.

O edil de Compostela Aberta lamentou “a mala información que parece ter o alcalde, que hoxe mesmo afirmou que as fochancas máis graves da parroquia de Figueiras estaban reparadas sen estalo”, e recoñeceulle a Bugallo “a súa ernorme capacidade para procurar escusas para todo, ata o punto de que hoxe volveu falar da suba dos prezos dos materiais para xustificar a paralización do proxecto da pista de pádel, que foi exactamente a mesma resposta que nos deu no Pleno hai sete meses, cando Compostela Aberta se interesou por estas instalacións, e cando o Goberno afirmou que o proxecto estaba a piques de ser desbloqueado”. O concelleiro tamén recordou que “a veciñanza vén mostrando a súa preocupación, xa non só polo atraso na obra, senón tamén polos riscos que conleva o abandono dos terreos, que nin sequera están valados”.

Xan Duro defenderá no próximo Pleno un rogo para reclamarlle ao Goberno “que abandone as escusas e atenda as demandas da veciñanza de Figueiras, porque non hai xustificación para que tres anos despois Bugallo non fora capaz de atender cuestións tan simples como a reparación de fochancas ou a roza das parcelas, cando está a piques de comezar a tempada sensible para os incendios”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo