Compostela Aberta urxe á Xunta a recuperar o servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Conxo

María Rozas lamenta “o progresivo desmantelamento do servizo” e lembra que o Goberno galego tén pendente a construción do novo ambulatorio do barrio

Compostela Aberta levará ao Pleno desta semana unha moción para reclamarlle á Xunta que recupere o servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Conxo, que fica suspendido desde o pasado 26 de marzo. A concelleira María Rozas lembrou que este servizo vén sendo desmantelado de maneira paulatina nos últimos anos, “primeiro sen cubrir as ausencias da persoa titular, e máis recentemente limitando a atención presencial a só dous días á semana, antes da supresión definitiva”. Na moción, o grupo municipal de CA tamén lembra a débeda que tén pendente o Goberno galego coa construción do novo Centro de Saúde de Conxo.

María Rozas explicou que, tal e como denunciou a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, o servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Conxo foi suspendido o pasado 26 de marzo, e xa desde xaneiro o SERGAS decidiu reducir a atención presencial para a poboación infantil de 0 a 14 anos a só dous días á semana, os martes e os xoves. Para a concelleira, “esta decisión é difíclmente xustificable, tendo en conta que Conxo é unha das zonas de Compostela que máis vén medrando en poboación nos últimos anos, e polo tanto conta cun elevado número de nenos e nenas que teñen dereito e precisan recibir atención no seu centro de saúde de referencia”. Rozas sinalou que non é a primeira vez que a veciñanza de Conxo sofre as consecuencias da mala planificación e dos recortes do SERGAS. De feito, xa en 2018 producíronse demoras de máis dun mes na atención aos nenos e nenas porque non se cubriu a ausencia da pediatra do centro de saúde. A edila lembrou “a importancia da atención nos prazos establecidos á poboación infantil, sobre todo aos bebés, para os que é fundamental a atención temperá para detectar determinados problemas de saúde”.

A concelleira de Compostela Aberta aproveitou para lembrar que “a veciñanza de Conxo leva anos agardando por un novo centro de saúde, comprometido pola Xunta en 2008, e que segue sen figurar nos orzamentos autonómicos”. Na moción, María Rozas tamén insta ao Goberno galego a “cumprir o seu compromiso, incorporando nas contas de 2022 unha partida específica dun mínimo de dous  millóns de euros para a construción do novo centro”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A RECUPERACIÓN DO SERVIZO DE PEDIATRÍA NO CENTRO DE SAÚDE DE CONXO

Arquivado en:maría rozas
Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo