Compostela Aberta urxe ao Goberno a garantir a subrogación e as actuais condicións laborais do persoal dos Centros Socioculturais

Branca Novoneyra lembra que CA pediu a retirada dos pregos xa en decembro, tras advertir que contiñan numerosos erros e incoherencias que lle podían afectar tamén aos traballadores e traballadoras
  • O persoal dos CSCs concentrouse esta mañá diante do Pazo de Raxoi

Compostela Aberta urxe ao Goberno local a explicar como vai garantir que se manteñan as condicións laborais do persoal dos Centros Socioculturais cos novos contratos para a súa xestión. A concelleira Branca Novoneyra lembra que “desde CA advertimos que os pregos para esa licitación, dividida en catro lotes, contiñan numerosas anomalías e deficiencias pero o equipo de Bugallo decidiu non escoitar, e iso está a poñer en risco a situación dos traballadores e traballadoras”. Por iso, o persoal dos CSCs concentrouse esta mesma mañá ás portas do Pazo de Raxoi, en defensa dos seus dereitos laborais.

Compostela Aberta pediu xa en decembro de 2021 a retirada dos pregos para a licitación da xestión dos Centros Socioculturais, tras comprobar que contiñan numerosos erros, imprecisións e incoherencias entre os catro lotes nos que foi dividido o servizo: animación sociocultural, bibliotecas, atención ao público, e novas tecnoloxías. Entre esas deficiencias destacaban cuestións fácilmente detectables, como o feito de que os horarios de abertura dos centros non cadraban coas horas de servizo de animación sociocultural ou da abertura das bibliotecas; non se prevé a abertura regular de ningún centro os sábados pola tarde; os eros nos cadros das horas de animación, ou mesmo dos meses nos que terían que funcionar as aulas de novas tecnoloxías.

Precarización laboral

Tal e como explica Branca Novoneyra, “en decembro tamén advertimos que os pregos podían derivar na precarización do persoal e o incumprimento das súas condicións actuais”. Así, a concelleira de Compostela Aberta sinalou que os pregos prevén a contratación de 14 persoas para a abertura dos centros e a atención ao público, “pero tendo en conta o calendario previsto e as horas de servizo, estas persoas estarían contratadas tan só a media xornada”. Do mesmo xeito, o Goberno contemplou un orzamento de pouco máis de 11 euros/hora para a realización de actividades extraordinarias de animación sociocultural, “un prezo que dificultará facer unha contratación de calidade e de persoal especializado para este tipo de tarefas”. Ademais, existen outras dúbidas con respecto ao traballo que terá que facer o persoal,. “porque non se aclara quen terá que facer determinadas funcións como a xestión de redes, a xestión da web ou das apps”.

A concelleira de Compostela Aberta insistiu en que “tamén en decembro advertimos das dúbidas que deixaban os pregos en relación á subrogación do persoal dos centros socioculturais, dúbidas que son as mesmas que agora manifestan os traballadores e traballadoras, e que se agravan polo feito de que un dos catro lotes do contrato, o de novas tecnoloxías, xa quedou deserto”.

Escaso interese na licitación

Para Branca Novoneyra, “é evidente que os pregos non estaban ben feitos, tal e como alertamos desde Compostela Aberta, porque un dos lotes xa quedou deserto, e no caso dos outros tres non houbo o interese que cabería esperar das empresas”. Para a concelleira, “o feito de que só unha empresa presentara unha oferta para o lote de atención ao público, que tén un orzamento de case 450.000 euros, e que só tres empresas se interesaran nos lotes de animación sociocultural e bibliotecas”.

Así as cousas, Compostela Aberta preguntará no próximo Pleno polas medidas que vai tomar o Goberno municipal para garantir a subrogación dos traballadores e traballadoras do lote que quedou deserto na licitación, así como o mantemento das condicións laborais do convenio colectivo polo que se rexe na actualidade o persoal deste servizo público municipal.

Documentación
relacionada
PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A SITUACIÓN DA LICITACIÓN DO CONTRATO DE XESTIÓN DA REDE DE CENTROS SOCIOCULTURAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo