Compostela Aberta urxe ao Goberno local a realizar unha nova convocatoria de axudas para a rehabilitación nas ARIs

Jorge Duarte lembra que a última publicación, en xullo de 2019, foi resultado do traballo de CA, que tamén aprobou estudos de detalle das Áreas de Rehabilitación Integral que levaban anos parados
  • O concelleiro de CA lamenta que “o Goberno de Bugallo e a Xunta sigan sen poñer a vivenda no centro das súas políticas, nin sequera en tempos de crise como os que vivimos”

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte urxiu hoxe ao Goberno local a aprobar canto antes unha nova convocatoria de axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral, “porque son un instrumento fundamental para mellorar a calidade de vida en barrios de Santiago nos que reside fundamentalmente xente maior e con recursos limitados”. Para o edil, “é lamentable que o alcalde Bugallo e a conselleira de Vivenda Ángeles Vázquez se limiten ás fotos para a galería, mentres non adoptan ningunha medida que supoña poñer a vivenda no centro das súas políticas públicas”. Duarte referíase así á visita que o alcalde e a conselleira realizaron na semana pasada a Pontepedriña, “onde se está instalando un primeiro ascensor grazas ao traballo do Goberno de Compostela Aberta”.

O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana unha moción para instar ao Goberno local a aprobar a convocatoria, antes de que remate este ano, dunhas novas axudas de rehabilitación nas ARIs; e para solicitarlle á Xunta de Galicia unha maior dotación de recursos para estas Áreas de Rehabilitación Integral. Tal e como explica Jorge Duarte, a última convocatoria de axudas á rehabilitación nas ARIs “publicouse en xullo de 2019, un mes despois da chegada do PSOE ao Goberno, e grazas ao traballo realizado previamente polo Goberno de Compostela Aberta, que tamén foi quen desbloqueou os estudos de detalle precisos para a instalación de ascensores en diferentes barrios da cidade, estudos de detalle que nalgúns casos estaban bloqueados desde o ao 2010 e non foran quen de aprobar nin Bugallo nin o Goberno do PP”. O concelleiro lembrou que “o ascensor no que o alcalde e Ángeles Vázquez quixeron facerse a foto hai uns días, foi posible grazas a ese traballo de Compostela Aberta, que tamén creou unhas axudas complementarias para a instalación de ascensores, que permitan que as persoas sen recursos obteñan unha subvención polo 100% do gasto que teñan que afrontar nesas obras.

Vivenda pública

Coa moción que defenderá no Pleno, Jorge Duarte tamén quere demandarlle ao Goberno local e á Xunta a que “colaboren para impulsar a creación de novas vivendas públicas, nas parcelas municipais que están previstas para ese fin”. O concelleiro lamentou “a falta de iniciativas das dúas administracións que teñen á súa fronte a dous partidos, o PSOE e o PP, que non teñen a vivenda entre as súas prioridades”. Só así se entende, sinalou Duarte, que Concello e Xunta cheguen a un acordo para deixar no esquecemento a construción de vivenda pública na parcela de Xoán XXlll sen propoñer ningunha outra alternativa. Para o concelleiro, “iso contrasta coas propostas do Goberno de Compostela Aberta, como a introdución dun 30 por cento de vivenda protexida na parcela do vello colexio Peleteiro, a última peza que queda por desenvolver no Ensanche”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA IMPULSAR A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E CONSTRUCIÓN DE VIVENDA PÚBLICA

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

CA creará unha nova empresa municipal de vivenda que actúe tamén no mercado do alugueiro

Compostela Aberta propón que a nova empresa municipal “promova a construcción de vivendas a prezo taxado nos solares municipais, pero sobre todo que poña vivendas baleiras no mercado do alugueiro, a prezos sociais”

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

A candidata de Compostela Aberta compromete a creación dunha rede de alugueiro de bicicletas eléctricas con tarifas especiais para a comunidade universitaria, no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo