Compostela Aberta vota na Deputación pola continuidade do Diario Cultural e das desconexións locais da Radio Galega

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou, co voto en contra do PP de Agustín Hernández, unha moción conxunta de Compostela Aberta, PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños, pola continuidade do Diario Cultural e das desconexións locais informativas da Radio Galega.

Manuel Dios comezou a súa intervención explicando que os principios fundacionais da Compañía son “contribuír á normalización da lingua galega e á difusión da cultura propia”, así como “actuar con respecto á obxectividade e á veracidade informativa, distinguindo claramente entre información e opinión”.

Porén, o deputado de CA denunciou que o Gobeno do PP na Xunta incumpre estes principios, tal e como veñen reiterando “as magníficas e magníficos profesionais que están a padecer as presións dos seus superiores corporativos e políticos; persoas valentes que non se achantan”.

Neste marco de manipulación política, Dios encadrou a recente decisión da dirección da CRTVG de suprimir as desconexións informativas radiofónicas, para substituílas por contidos elaborados na sede central da compañía, algo que para o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia significa restar independencia aos e ás redactoras. “Estamos, sen dúbida, ante un intento do Partido Popular de controlar a información local a apenas uns meses antes das eleccións municipais”.

Supresión do Diario Cultural
Outra das medidas anunciadas pola dirección da CRTVG é a eliminación do formato actual do Diario Cultural, un programa que leva 28 anos en antena e que se verá “substituído por programas xenéricos e diluídos na programación xeral da Radio”, afirmou Manuel Dios.

Lembrou que non é a primeira decisión do Partido Popular en contra de programas de cultura galega na radio pública, pois “a presenza da cultura propia nas emisións da CRTVG é cada vez menor, coa supresión de programas como Planeta Furancho en 2015”, ou a eliminación da sección de opinión do propio Diario Cultural en 2009, unha das primeiras decisións do PP tras a chegada de Feijóo á Xunta.

Manuel Dios esixiu ao PP o cumprimento da Lei de medios audiovisuais públicos de galicia, para poder contar cuns medios “libres, imparciais, e independentes das presións do poder político, e que atendan á promoción e difusión da cultura e linguas galegas”.

Para o voceiro popular, Agustín Hernández, esta moción tan só respostou á defensa do interese laboral dunha persoa en particular, algo que foi rexeitado pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín.

Arquivado en:FeijóogalegoLingua
Novas
relacionadas

CA insta ao Pleno a defender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a rexeitar protocolos antiabortistas

Marta Lois advirte que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso illado senón responder a un intento de retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres co que o presidente da Xunta se tén mostrado comprensivo”

CA volve reclamar a implantación da taxa turística “despois de que varios membros do Goberno local se pronunciaran a favor dese imposto”

Marta Lois e María Rozas levarán unha proposición ao Pleno para “instar á Xunta a habilitar a taxa e ao Concello a estudar un gravame para excursionistas”

Marta Lois: “Alegrámonos de que o sentido común chegue ao Goberno do PSOE e que agora reclame para Santiago a taxa turística que tanto criticou”

A portavoz de Compostela Aberta insta a Bugallo a trasladarlle oficialmente á Xunta a petición que onte facía no Pleno a súa concelleira de Facenda para que que se poida aplicar a taxa

CA presenta alegacións ao anteproxecto de ampliación do Clínico para garantir a construción dunha nova área de aparcadoiro

Jorge Duarte lembra que “existen alternativas, pero segue faltando vontade política da Xunta e de Bugallo para solucionar os problemas de mobilidade no CHUS”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo