Compostela Aberta votará a favor das ordenanzas fiscais despois de conseguir incorporar propostas en favor da progresividade

  • Martiño Noriega salienta que o PSOE asumiu todas as propostas de CA en relación ao IAE e o ICIO, e a maioría das achegas para a redistribución da carga fiscal do IBI

Compostela Aberta anunciou hoxe que votará a favor das ordenanzas fiscais que o Goberno someterá ao debate do Pleno da Corporación, despois de que o PSOE aceptara incorporar á súa proposta a práctica totalidade das achegas do grupo municipal. Martiño Noriega mostrou a súa satisfacción “porque as ordenanzas son continuístas coa liña de fiscalidade progresiva que foi a aposta de CA no pasado mandato” recoñecendo que “aínda sendo menos ambiciosas do que serían se fosen nosas, si que se incorporan novas bonificacións, con gravames para os valores catastrais máis altos, e cunha clara aposta polas industrias estratéxicas” propostas todas incorporadas por Compostela Aberta.

O portavoz de Compostela Aberta lembrou que o grupo municipal fíxolle as súas achegas ao Goberno o pasado 27 de setembro, “dunha maneira proactiva, antes mesmo de que o PSOE informara das súas propostas de cara á modificación das ordenanzas, e cunha clara vontade construtiva para conseguir unha fiscalidade máis xusta e progresiva”. Martiño Noriega salientou “a boa receptividade que mostraron nos diferentes encontros tanto a concelleira Marta Abal como o concelleiro Sindo Guinarte, que recoñeceron a seriedade da nosa proposta e expresaron o seu interese por incorporala ao expediente que fora a Pleno”.

Modificacións no IBI

Martiño Noriega salientou que o Goberno incluíu no expediente que levará ao Pleno a maioría das propostas de CA en relación ao Imposto de Bens Inmobles. Así, aceptou rebaixar o tipo de gravame aplicable aos bens de natureza rústica, que pasa do 0,51 ao 0,48; e tamén se contempla un aumento do tipo de gravame para os maiores valores catastrais de uso non residencial. Neste caso, o Goberno aceptou subilo ata o 0,55. O concelleiro salientou que estas dúas medidas “van na liña de mellorar a progresividade fiscal e de garantir o nivel de ingresos do Concello rebaixando a presión fiscal en sectores máis vulnerables e facendo que paguen máis os que máis teñen”. Nesa liña, Martiño Noriega valorou positivamente “o compromiso do Goberno de explorar coa Dirección Xeral do Catastro a posibilidade de revisar á baixa a ponencia dos valores catastrais no rural de Santiago, tal e como solicitou CA”

Tamén dentro do IBI, Martiño Noriega salientou que a ordenanza incorpora a proposta de Compostela Aberta para bonificar a industria da biotecnoloxía e da madeira, “actividades económicas declaradas de especial interese ou utilidade municipal, e que terán bonificacións do 95% pola creación de máis de 10 postos de traballo, e do 65% pola creación de ata 10 postos de traballo”. O beneficio aplicarase durante os cinco exercicios seguintes ao inicio da actividade ou ampliación das instalacións no caso destes sectores estratéxicos. Do mesmo xeito, contémplase a bonificación á Cámara de Comercio, tamén a suxestión de CA.

Aceptadas todas as peticións en relación ao IAE e o ICIO

Xa en relación ao Imposto de Actividades Económicas, o Goberno incorporou tamén varias das propostas de Compostela Aberta. Así, modificou o artigo que regula os beneficios fiscais por incremento de postos de traballo indefinidos, que soben ata o 50% no caso dun incremento do persoal que supere o 20%; e incluíu as bonificacións ligadas a cuestións medioambientais, cun máximo dun 50% para as empresas que utilicen enerxías renovables, desenvolvan a súa actividade en zonas afastadas das máis poboadas do termo municipal, e para as que establezan un plan de transporte para os seus traballadores e traballadoras co obxectivo de reducir o consumo de enerxía.

Xa en relación ao Imposto sobre Construcións, Instalación e Obras, o Goberno aceptou tamén todas as propostas de Compostela Aberta. Así, increméntase do 30 ata o 50 por cento a bonificación para vivendas declaradas de protección autonómica polo IGVS, e aumenta do 50 ao 75 as bonificacións a favor das construcións, instalacións e obras de acondicionamento e adaptación necesaria para o acceso e habitabilidade das persoas con discapacidade.

Modernización da administración e loita contra a fraude

No relativo á propostas da reestruturación da xestión financeira e do pago de tributos online e de xeito fraccionado a través da modernización da administración electrónica, iniciada no anterior mandato, o goberno comprometese a avanzar nisto así como a reforzar o Plan de Loita contra a Fraude Fiscal impulsado tamén no anterior mandato, centrando os esforzos da inspección fiscal nas grandes empresas e nos impostos como o IAE e o ICIO.

Por último, o portavoz lamentou que, a pesar dos avances, o Goberno non decidira incorporar o aumento das bonificacións por carencia de servizos no rural, tal e como propuña Compostela Aberta. Ao respecto, Martiño Noriega explicou que o argumento do PSOE tén que ver “co agravio comparativo que suporía con respecto á veciñanza dos solos considerados urbanos no ámbito rural, e aí a nosa demanda ao Goberno vai ser que priorice a dotación de servizos nestas áreas”.

PODES LEMBRAR AQUÍ A PROPOSTA DE CA PARA A MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo