Compostela, capital da rebeldía feminista

Nos últimos anos Santiago converteuse en capital da loita contra as violencias machistas con campañas como “En Negro”.

Unha campaña que a xente fixo súa, chegando xa a máis de 100 concellos e 3000 comercios e centros escolares.

De “Compostela en Negro” pasamos a “Galicia en Negro”, nunha rede crecente de fraternidade e cooperación contra o machismo que se espalla xa por todo o país.

Neste mandato tamén vimos nacer por fin a Casa das Mulleres Xohana Torres, un ansiado proxecto prometido durante anos que hoxe xa é un espazo central dunha cidade con nome de muller.
Porque aí están o Estadio Verónica Boquete en San Lázaro, o parque Begoña Caamaño, a ludoteca María Miramontes en Fontiñas ou o o aeroporto Rosalía de Castro en Lavacolla.

Sentimos orgullo desta Compostela que se corresponsabiliza nos coidados, que aposta pola educación non sexista e que reivindica a memoria das que fomos e das que somos nos obradoiros de empoderamento no rural.

Sentimos orgullo desta Compostela que inunda as súas prazas de dignidade e rebeldía feminista, que berra alto e claro que non dará un paso atrás ante o machismo e a intolerancia.

Fixemos moito, pero queda moito por facer para que todos os días sexan 8 de marzo.

Por iso seguiremos día a día gañando máis futuro para un Concello que é Territorio feminista.

Novas
relacionadas

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

“Non hai nada que aguantar”: CA súmase ao 25N cunha campaña que reivindica ás mulleres do rural “empoderadas fronte ás violencias machistas”

O lema é unha mensaxe que xurdiu nos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural impulsados no pasado mandato

Marta Lois: “O Goberno leva todo o mandato incumprindo os seus compromisos en materia de Igualdade”

Compostela Aberta leva ao Pleno as demandas da veciñanza das Fontiñas

CA insta ao Goberno a solucionar os problemas de mobilidade do barrio, moitos deles derivados da remodelación do nó de Concheiros

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo