Comunicado da Coordenadora de CA sobre a situación do concelleiro Jorge Duarte

jorge

A coordinadora de Compostela Aberta sobre a situación do concelleiro Jorge Duarte que foi citado a declarar como investigado nas dilixencias previas abertas polo caso dos expedientes a locais de hostalería, manifesta que:

  • Expresamos o noso apoio e confianza no concelleiro de Espazos Cidadáns, uníndonos ao que o grupo de goberno ten depositado nel. O noso apoio á súa actuación é completo e unánime.
  • Nas corenta e oito horas transcorridas desde facerse pública a investigación a coordinadora mantivo contacto permanente co grupo de goberno e co propio concelleiro, valorando moi positivamente todos os pasos de transparencia e a vontade de aclarar canto antes os feitos.
  • O concelleiro Jorge Duarte xa ten dado conta da súa actuación neste caso sobre os locais de hostalaría, tanto diante da asemblea de Compostela Aberta como da súa coordinadora, do Pleno do Concello e así mesmo solicitou declarar voluntariamente ante a fiscalía.
  • O feito de Jorge Duarte tomar a iniciativa e comunicar publicamente a súa situación, así como colocar as súas competencias delegadas a disposición do alcalde, manifesta unha evidente actitude de transparencia e vontade de non interferir no día a día do Concello.
  • Con esta iniciativa, o concelleiro coloca o ben común e os intereses do conxunto da cidadanía por diante dos seus intereses particulares. O obxectivo, neste caso, é que o departamento de licenzas e disciplina urbanística funcione con normalidade e axilidade.
  • Cómpre subliñar que non se trata dun caso de corrupción, senón dun posible caso de mala praxe administrativa. Non houbo uso incorrecto de fondos públicos, nin existe ningún tipo de beneficio económico, nin moito menos subornos ou regalos. O que se investiga é unha suposta actuación administrativa errónea.
  • Compostela Aberta é soberana para interpretar o seu propio código ético. Un código ético que esixe a renuncia ao cargo nos casos de enriquecemento ilícito ou de malgoberno dos nosos cargos públicos. Desde a coordinadora consideramos que, evidentemente, non estamos diante dun caso deses polo que apoiamos a decisión do concelleiro de non abandonar o seu posto.

 

 

 

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo