Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

Durante a tarde de onte, foron distribuídos diferentes vídeos nos que se pode observar unha actuación policial excesiva e desproporcionada por parte dos axentes da UIP da Policia Nacional despregados durante a manifestación.

Diante de situacións coma esa non podemos deixar de denunciar a extralimitación de varios axentes no exercicio das súas funcións. A policía debe ter como obxectivo garantir a seguridade das persoas, e por iso non poden admitirse actuacións coma as vividas onte. A pesar das condicións meteorolóxicas, a manifestación convocada pola “Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina” foi todo un éxito, e non se pode admitir que o seu resultado fique ensombrecido por episodios como os acontecidos.

Compostela Aberta é unha organización pacifista e, desde as nosas orixes, mostramos sempre a nosa solidariedade co pobo palestino e aínda máis en momentos como o actual no que a agresión de Israel é totalmente insoportable. Onte era o día de denunciar os crimes de guerra, o xenocidio e o asasinato sistemático en Gaza, e en toda Palestina, de millares de persoas, entre elas millares de crianzas.

Esperamos que se investigue o acontecido porque só dese xeito se pode defender a función e credibilidade das institucións. Neste sentido, solicitamos que se aclare, canto antes, a secuencia dos feitos e que explique esta actuación policial. Son os propios poderes públicos os que deberían ser os primeiros interesados en render contas e tomar medidas diante de calquer exceso.

Desexamos que non volvamos presenciar este tipo de episodios en Santiago de Compostela.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo