Compostela Aberta quere expresar a súa consternación pola noticia da morte de Paco Souto cando traballaba no percebe en Razo. Son moitos os motivos que nos vinculan á súa vida e que fan que a súa perda resulte máis sentida. Entre eles non podemos esquecer o seu paso pola cidade de Compostela, onde tivo a súa residencia no barrio de San Pedro a finais dos 80 e primeiros dos 90, e onde deixou pouso contribuíndo a crear e fortalecer o movemento antimilitarista na cidade e significándose como un destacado activista cultural.
Queremos expresar as nosas condolencias á súa compañeira, á que tamén lembramos axudando no antimilitarismo compostelán, ao seu fillo e filla, á súa familia e xente máis achegada, así como aos seus compañeiros e compañeiras do B.N.G., organización pola que era concelleiro en Malpica. Que a terra che sexa leve, amigo.