Comunicado de Compostela Aberta ante a información publicada hoxe por infolibre.es

Diante das informacións que hoxe publica o diario dixital infolibre.es desde Compostela Aberta queremos aproveitar para amosar publicamente o noso firme apoio e solidariedade co alcalde Martiño Noriega e tamén para facer públicas unha serie de reflexións.

 

  • En maio de 2015 Martiño Noriega foi o catalizador e motor imprescindible para que unha candidatura de iniciativa cidadá como Compostela Aberta contase co apoio de máis de 16.000 veciños e veciñas de Santiago e fose a vencedora, como lista máis votada, nas eleccións. Martiño foi peza chave para que se cumprise o desexo da entrada de aire novo na corporación municipal compostelán.
  • Desde o minuto 1, despois desa vitoria electoral, sectores inmensamente conservadores e escuros da sociedade santiaguesa manifestaron a súa repulsa ao resultado das urnas. Sectores que deixaron ben clara a súa inexistente calidade democrática e que estarían dispostos a todo con tal de expulsar de Raxoi aos ‘intrusos’ que poderían supor unha ameaza para o mantemento dos seu privilexios.
  • El Correo Gallego ten sido o principal axitador de toda esta corrente de presión que persegue demostrar que nada se pode mover en Santiago de Compostela sen o seu beneplácito. Un grupo de comunicación que, ademais, era o máis privilexiado polos anteriores gobernos municipais do PP, absorbendo máis da metade dos recursos publicitarios do Concello.
  • A pesar do claro resultado das urnas, El Correo Gallego ataca, descalifica e insulta día si e día tamén ao alcalde democraticamente electo: Martiño Noriega. Un primeiro edil que é alcumado de alcalde 2.0, que é recortado nas fotos, que é eliminado das informacións, que é atacado sistematicamente ata en cuestións persoais. Manipulacións e falsidades sempre ao servizo daqueles que pretenden que nada mude.
  • As información publicada evidencia que El Correo non só procura a ‘morte mediática’ de Martiño Noriega senón que tamén procura, por vía xudicial, a súa inhabilitación para exercer cargo público.  Usando novamente falsas acusacións contra o alcalde demostran que o seu desexo de recuperar o seu status privilexiado é tan poderoso que eles todo vale. Que están dispostos a todo.
  • Compostela Aberta é unha realidade que chegou para quedarse, isto é así e non vai mudar por moito que lle doa aos sectores máis inmobilistas da cidade. Somos unha opción política integradora e que defende os intereses do 99%, da xente do común, dos de abaixo. Non van amedrentarnos, non o conseguiron ata agora nin o van conseguir cara o futuro.
  • Sabemos que a labor de goberno sempre chega acompañada de críticas, como non pode ser doutro xeito, que ademais pensamos que son necesarias e desexables en toda sociedade. A saúde democrática tamén se mide nesta capacidade de construír medios críticos e que axuden a que entre todas e todos poidamos defender o ben común e os intereses dos máis. Unha defensa da liberdade de prensa e da liberdade de expresión que, porén, non debe de encubrir as actitudes manifestamente antidemocráticas de quen entende a información só como manipulación, como é o caso deste diario.
  • El Correo Gallego quere inhabilitar a Martiño Noriega por ter exercido a súa liberdade de expresión e por tentar mostrar a hipocrisía daqueles que sabendo que nun momento determinado non podían contratar, polas súas débedas, coas administracións públicas, difamaron e mesmo se vitimizaron co uso da publicidade institucional. Nova mostra de cómo actúa quen está acostumado ás practicas coercitivas que rozan as máis baixas prácticas mafiosas.

 

Fronte a toda esta estratexia de acoso e derribo Compostela Aberta continuará a pelexar do mellor xeito que sabemos. Desde o goberno municipal con Martiño Noriega como alcalde sen baixar os brazos nin por un segundo fronte a aqueles que viven instalados no todo vale para conseguir os seus escuros obxectivos.

Aínda que para eles sexamos uns intrusos, nós chegamos para quedarnos.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo