COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO CONTRA OS LÍDERES POLÍTICOS CATALÁNS E O PROCÉS

Tras facerse pública a sentenza do Tribunal Supremo que condena a líderes políticos e sociais cataláns a anos de prisión polo delito de sedición, Compostela Aberta quere expresar o seu rexeitamento político diante dunha sentenza inxusta que xera un precedente moi grave no Estado español. 

  • Consideramos que todo o sucedido en Cataluña nos últimos anos é moi grave e que está a pór en cuestión o sistema de dereitos e liberdades da cidadanía. Rexeitamos rotundamente a vinculación do dereito de manifestación e de libre expresión, así como o uso da desobediencia civil, co delito de sedición. A manifesta incapacidade dos gobernos españois para acordar solucións políticas a un conflito que ten unha orixe tamén política, é a causa dos feitos que se teñen producido no Principat nos últimos anos. O que está a acontecer en Cataluña aféctanos a todas e a todos.
  • O pobo catalán ven reivindicando historicamente, sempre de xeito cívico e pacífico, o seu lexítimo dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro, e como articular a súa relación cos pobos que hoxe fan parte do Estado español. É evidente que, independentemente da escolla política de cada quen, a cidadanía catalá quere poder votar e poder elixir. O exercicio deste dereito, internacionalmente recoñecido, non debe entenderse contra ninguén, senón como un elemento positivo e democratizador das nosas sociedades. Un dereito que non se debera procurar limitalo senón velar polo seu exercicio co máximo de garantías democráticas. Neste sentido, mostramos a nosa profunda solidariedade coas persoas condenadas por tentar exercelo, e coas súas familias.
  • Condenamos a xudicialización da política e unímonos aos chamamentos das forzas políticas que procuran impulsar unha vía de diálogo que busque solucións eficaces para resolver o conflito existente. Procurando unha resposta transversal á sentenza e denunciando as ameazas directas e indirectas de aplicar o artigo 155 da Constitución e a Lei de seguridade nacional que, como se demostrou no pasado, non é unha solución política senón un agravante máis no conflito existente. Comprometémonos a promover e apoiar todas as iniciativas políticas, institucionais e legais necesarias para facilitar a liberación dos presos e para abrir vías que fagan posible a resolución do conflito.

Fronte a esta situación manifestamos, publicamente, o noso rexeitamento e condena da criminalización e xudicialización, así como o recorte de dereitos e liberdades, que está a levar a cabo o goberno español diante dun conflito político. Reiterando o noso compromiso de traballar por un diálogo e unha solución democrática e o recoñecemento pleno das nacións que actualmente fan parte do Estado español. 

Santiago de Compostela, luns 14 de Outubro de 2019

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO CONTRA OS LÍDERES POLÍTICOS CATALÁNS E O PROCÉS (PDF)

 

Novas
relacionadas

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

Considera que os recursos do contrato do transporte evidencian a ineficacia do PSOE para realizar os pregos

O Goberno de coalición bota a andar “para impulsar políticas transformadoras e afrontar con valentía os retos de Santiago”

María Rozas é a primeira tenenta de alcaldesa e asume as competencias de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo