Comunicado rexeitando o concerto de Kaydy Cain e condenando as mensaxes das súas cancións

Manifestamos a nosa repulsa ao concerto que o cantante de trap, Kaydy Cain, ten previsto dar este xoves

A concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como os grupos municipais de PSdeG, Compostela Aberta e BNG, manifestamos a nosa repulsa ao concerto que o cantante de trap, Kaydy Cain, ten previsto dar este xoves; ao considerar que as letras das súas cancións son vexatorias e denigrantes para as mulleres. Estamos en contra de calquera cultura audiovisual e musical, como neste caso, que agrede violentamente ás mulleres e a súa dignidade.

Somos un Concello que traballa a prol da igualdade, declarado libre de violencias machistas, polo que amosamos a nosa disconformidade coa celebración de calquera tipo de acto sexista no que se faga apoloxía do machismo. Polo tanto posicionámonos en contra deste concerto, e esiximos respecto para a figura das mulleres en todo tipo de actos públicos e privados.

Un dos principais obxectivos do Concello de Santiago, no que existe un consenso maioritario, é fomentar os valores da igualdade entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero. Facémolo mediante a información, e promovendo a educación en igualdade desde todos os eidos de competencia municipal. Actos como este concerto son contrarios a estes valores, ás mensaxes que transmitimos, e ás accións que programamos coa finalidade de acadar a plena igualdade en todos os ámbitos: familiar, económico, social, educativo, cultural, etc.

Por todo isto queremos expresar a nosa condena e rexeitamento a todo tipo de actos nos que se utilice, dun xeito denigrante, sexista e machista, a figura das mulleres, como é o caso do concerto de Kaydy Cain.

Arquivado en:IgualdadeSantiago
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo