Condena do golpe de Estado e en defensa da democracia en Bolivia

Desde Compostela Aberta condenamos rotundamente o golpe de Estado en Bolivia e mostramos o noso apoio ás mobilizacións galegas en defensa da democracia e da República Plurinacional. U

Desde Compostela Aberta condenamos rotundamente o golpe de Estado en Bolivia e mostramos o noso apoio ás mobilizacións galegas en defensa da democracia e da República Plurinacional. Unha condena que facemos extensiva á represión e violación dos dereitos humanos por parte do exército e da policía boliviana contra a poboación civil. Rexeitamos tamén todas as tentativas de subverter a orden constitucional para derrocar a democracia boliviana, sexan estas pola vía da impostura institucional, pola vía da subversión golpista de grupos de extrema-dereita ou pola vía da inxerencia externa doutros países. Solidarizámonos, así mesmo, con todo o pobo boliviano e especialmente cos seus representantes e cargos electos democraticamente, verdadeiros depositarios da soberanía popular.

Manifestamos, tamén, o noso apoio aos diversos movementos sociais e especialmente ao indíxena e sindical que están combatendo o golpe e loitando para que se manteñan as conquistas e avances dos últimos anos. Un proceso de cambio que agora é atacado polas forzas reaccionarias, racistas e de ultradereita que actúan na defensa dos privilexios duns poucos, e das multinacionais, e contra o ben común e os intereses das maiorías sociais. Unha transformación social e democrática que levou implícita o recoñecemento da plurinacionalidade e das diferentes nacións e pobos que conforman Bolivia. Unha modernización e democratización que significan enormes avances na redistribución da riqueza e unha dignificación das condicións de vida da poboación máis humilde, na súa maioría indíxena.

Hoxe, é tempo de continuar a avanzar nesta transformación e na conquista de maiores cotas de xustiza social e participación política. É tempo de esixirmos á comunidade internacional, e principalmente aos gobernos español e galego, a condena do golpe e o non recoñecemento do goberno golpista. Así como, a intermediación para restaurar a democracia e protexer á cidadanía boliviana das agresións e ataques que están a sufrir por defender os seus dereitos e conquistas democráticas.

Por todo isto, convocamos, á cidadanía de Santiago, a aderir a mobilización deste xoves, 21 de novembro, ás 20h30 na Praza de Cervantes, para mostrar a nosa solidariedade con Bolivia. E as próximas convocatorias.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo