CA pide explicacións sobre o cumprimento do contrato para a dotación de contenedores intelixentes no marco do Smartiago

A APP do proxecto informa da existencia de tres colectores, pero ningún deles está no lugar sinalado
  • María Rozas lamenta que “o Goberno volva a facer todo ás presas, e leve a un Pleno extraordinario o pago de 1,8 millóns de euros do Smartiago que teñen que estar abonadas en seis días para non perder os fondos”

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle hoxe ao Goberno que explique onde están os contedores do lixo intelixentes que supostamente foron entregados ao Concello no marco do proxecto Smartiago, na liña de acción relativa á xestión dos residuos sólidos urbanos. María Rozas explicou que “ainda que existe unha app que informa da situación dos tres colectores acordados no contrato, ningún deles se atopa na localización sinalada, nin tampouco nunca se informou da súa existencia a través da web municipal”. A concelleira de CA pediulle aclaracións despois do Pleno extraordinario celebrado hoxe, non que se aprobou un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar máis de 1,8 millóns de euros de facturas pendentes do proxecto Smartiago.

No listado de facturas incluídas no expediente que o Goberno levou hoxe a Pleno figuran dúas que a empresa Wellness presentou o 23 de decembro de 2022, relativas á provisión de colectores inteligentes de superficie para a caracterización de residuos sólidos urbanos á a unha actividade de formación vinculada ao tratamento de residuos. Ambas suman 223.245 euros, que é xusto a cantidade que o Concello tiña pendente de pagar en relación ao sistema de recollida intelixente de residuos sólidos urbanos previsto no Smartiago. María Rozas mostrou a súa estrañeza porque o Concello considere executados eses traballos, “porque nunca se presentaron publicamente eses contedores, nunca os vimos nas rúas, e mesmo o alcalde recoñecía en decembro moitas dificultades para desenvolver esta liña do proxecto, nun acto de balance sobre o Smartiago celebrado o 19 de decembro”. A portavoz de Compostela Aberta explicou que “a sorpresa é ainda maior, porque a empresa adxudicataria do contrato sí informou na súa páxina web dunha visita a Santiago no mes de novembro para presentar os contedores intelixentes, cunha fotografía na que non se recoñece a ningún persoal municipal”. Ademais, na conta de Twitter do proxecto Smartiago aparece unha referencia á instalación dun deses contedores no CEIP de Vite, con data de 11 de decembro de 2022, contedor que a día de hoxe xa non está no centro educativo. Tampouco se sabe nada dos outros dos contedores, que segundo a APP “Novobin” vinculada ao proxecto, deberían estar na rúa de Santa Cristina e en Rapa da Folla.

Falta de respostas no Pleno extraordinario

María Rozas preguntou pola execución deste proxecto no Pleno extraordinario de hoxe pero, ante a falta de respostas, vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta por escrito para que o Goberno aclare onde están instalados os colectores, cal foi o funcionamento do que estivo instalado no CEIP de Vite e por que se retirou desa localización.

No Pleno extraordinario de hoxe aprobouse o pago de 1,8 millóns de euros de facturas pendentes do Smartiago, facturas que teñen que estar abonadas dentro de seis días, o 22 de marzo. María Rozas incidiou en que “o PSOE está a feito a tramitar todo ás presas e no último momento, tanto tén que sexan as súas listas electorais como expedientes que lles custarán centos de miles de euros a todos os veciños e veciñas de Santiago”. A portavoz municipal Compostela Aberta insistiu en que “estamos a falar, ademais, de facturas asumidas de xeito irregular, algunhas feitas sen contrato que as soportara, outras tramitadas despois de rematado o contrato correspondente, e outras de traballos que incumpriron os pregos da contratación, facturas que teñen que ser abonadas para que o Concello non perda catro millóns de euros de fondos do Smartiago”.

Para Rozas, este expediente “é escandaloso, e supón a guinda a catro anos nefastos na xestión do Concello, de descontrol nos contratos, de facturas pendentes que suman millóns e millóns de euros, e de incumprimentos continuos do periodo medio de pago a provedores, que só estivo por debaixo dos 30 días en seis meses de todo o mandato”.

Documentación
relacionada
PREGUNTA PARA RESPOSTA ESCRITA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A EXECUCIÓN DO PROXECTO SMARTIAGO NO QUE TÉN QUE VER COAS ACTUACIÓNS DE XESTIÓN DOS RESIDUOS
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo