Duarte pídelle ao Goberno que manteña o mapa de rutas dos autobuses deseñado por CA

O concelleiro lamenta que Bugallo fale dun deseño “caro e demasiado ambicioso, cando o custo do transporte urbano equivale ao 4% do orzamento municipal”
  • Compostela Aberta reclama que o Goberno informe dos seus plans nunha reunión da comisión de seguimento do Pacto pola Mobilidade

Jorge Duarte instou hoxe ao Goberno do PSOE a convocar a comisión de seguimento polo Pacto Local pola Mobilidade, para dar conta das súas previsións en relación ao novo prego para a licitación do transporte urbano e, en concreto, ao mapa de rutas. O concelleiro deu conta da moción que Compostela Aberta levará ao próximo Pleno, na que tamén se pide que o Concello dea os pasos precisos para asumir a xestión das liñas concesionadas a outros operadores que veñen de ser obxecto dunha sentenza xudicial, entre elas a do aeroporto, e que nos pregos deseñados no pasado mandato se incorporaban á rede.

O concelleiro de Compostela Aberta lembrou que “no anterior mandato realizouse un novo deseño da rede de transporte urbano, que foi o resultado de analizar  por primeira vez cales son os puntos que xeran e atraen máis viaxeiros, e que se someteu a un amplo proceso participativo”. Duarte apuntou que o resultado dese traballo foi “un mapa que simplificaba a rede actual, pasando das 22 liñas existentes a só 11, pero cunha mellor cobertura xeográfica e con mellores frecuencias”. O edil puxo o acento tamén nas melloras que o novo deseño suporía para o rural “posto que se contemplaba un servizo de transporte a demanda, con vehículos máis pequenos, que estaría tamén xestionado por Tussa e que podería atender as parroquias que non son rendibles no servizo concesionario por mor do escaso volume de viaxeiros”; e na aposta que se facía pola renovación da flota de autobuses primando a utilización de vehículos eléctricos.

Jorge Duarte recordou que os pregos para a nova licitación do transporte público foron “consensuados na comisión de seguimento que avalía o cumprimento do Pacto Local de Mobilidade, e este órgano debera estar informado agora dos plans do Goberno do PSOE para a licitación deste servizo”. Ademais, explicou que a proposta dos pregos “está lista desde o verán de 2018, o departamento de Contratación do Concello deulle o seu visto bo e remitiuna ao de Intervención para a súa fiscalización, e posteriormente o propio departamento de Contratación autoemendouse para solicitar modificacións que atrasaron o procedemento de licitación”.

Servizo prioritario para os Concellos

Jorge Duarte lamentou que o Goberno de Bugallo fale de revisar os pregos argumentando que o deseño de Compostela Aberta é custoso e moi ambicioso. Ao respecto, lembrou que “o custo do transporte urbano é na actualidade de catro millóns de euros, nun orzamento municipal que supera os 100 millóns de euros, e a proposta de CA incrementaría o custo nun millón de euros máis, unha cifra que segue sendo moi pequena no conxunto das contas do Concello”. Para o concelleiro, “garantir a mobilidade de todos os veciños e veciñas debera ser unha prioridade para a administración municipal, e o transporte público é o servizo máis igualitario dos que presta o Concello”. Ademais, incidiu en que “ofertar un servizo de autobuses de calidade permitiría facer a cidade máis habitable, liberándoa de vehículos privados”. 

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN PRESENTADA POR COMPOSTELA ABERTA SOBRE A NOVA LICITACIÓN E O NOVO MAPA DE RUTAS DOP TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO

Arquivado en:Jorge Duarte
Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

Compostela Aberta abstense na votación da proposta para Peleteiro “que non tiña o apoio da veciñanza e creaba inseguridade xurídica”

Jorge Duarte lamenta “os catro anos perdidos por Bugallo, que en 2019 obrigou a tumbar a única alternativa que logrou o consenso de veciñanza, comerciantes e propiedade en máis de 18 anos”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo