Compostela Aberta abre o proceso para renovar os seus órganos internos, Coordinadora e Comisión de Garantías, tal e como foi aprobado na súa asemblea do pasado 19 de novembro.
Nestas eleccións poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que estean incritas como afiliadas en Compostela Aberta antes do 27 de novembro e serán elixidas 12 persoas para a Coordinadora e 4 para a Comisión de Garantías.
CALENDARIO
- MARTES 26 DE NOVEMBRO ÁS 23:59: Peche do censo para participar nas eleccións
- MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO – MARTES 3 DE DECEMBRO (23:59): Presentación de candidaturas
- MÉRCORES 4 DE DECEMBRO: Publicación de candidaturas provisionais
- XOVES 5 DE DECEMBRO: Publicación de candidaturas definitivas
- VENRES 13 – SÁBADO 14 DE DECEMBRO: Votación presencial no local e horario habilitado pola comisión electoral
- LUNS 16 DE DECEMBRO: Publicación de resultados provisionais
- MÉRCORES 18 DE DECEMBRO: Proclamación dos resultados definitivos
REGULAMENTO E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
No seguinte enlace podes consultar o regulamento destas eleccións que será co sistema de listas abertas. As persoas inscritas poderán candidatarse, entre o 27 de novembro e o 3 de decembro, enviando un mail a organizacion@compostelaaberta.org onde poderás incluír unha breve descrición do teu perfil e motivación (500 caracteres máximo) e unha foto dixitalizada.
COMISIÓN ELECTORAL
Tal e como foi aprobado na asemblea do 19 de novembro, a Comisión Electoral destas eleccións internas estará composto por:
Óscar Cobos Mártinez
Jorge Duarte Vázquez
Flora Miranda Pena
Miguel Penas Rodríguez
Iolanda Rei Rodríguez
O mércores 4 de decembro en reunión da comisión electoral e comprobadas as candidaturas individuais presentadas dentro do prazo estipulado publicanse, provisoriamente, as seguintes:
CANDIDATURAS DEFINITIVAS Á COORDENADORA
Diego Horschovski
Chus Iglesias
Xan Duro
Graciela Carro
Fernando De La Torre
Cris Calvete
Raquel López
Concha Fernández
Pepe Arias
Xosé Ramón Fandiño
Mónica García
Manuel López Besteiro
CANDIDATURAS DEFINITIVAS Á COMISIÓN DE GARANTÍAS
Antonio Pérez Casas
Mariluz López
Marisa Álvarez
Jerónimo Couceiro