Encontro “Compostela Aberta ao Urbanismo e á Mobilidade”. Xoves, 22 de xaneiro de 2015, ás 20:00hrs no Hotel Virxe da Cerca

portada-face-urbanismo
O próximo xoves, 22 de xaneiro de 2015, ás 20:00hrs e no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, terá lugar o encontro “Compostela Aberta ao Urbanismo e á Mobilidade” e que será coordenado polo arquitecto Jorge Duarte.
O obxectivo deste encontro temático é analizarmos a situación e as alternativas canto ao urbanismo e á mobilidade no concello de Compostela. Contaremos con persoas coñecedoras do sector que nos orientarán nas principais problemáticas, para, desta maneira e a partir de aí, crearmos grupos de traballo con todas as persoas de Compostela interesadas e concretizarmos estas reflexións nas propostas que Compostela Aberta presentará nas eleccións municipais de maio.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta creará unha rede pública de bicicletas eléctricas

Xan Duro e Miguel Penas presentaron as propostas de CA en materia de mobilidade “un dos principais retos de futuro de Santiago xunto coa vivenda”

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

A candidata de Compostela Aberta compromete a creación dunha rede de alugueiro de bicicletas eléctricas con tarifas especiais para a comunidade universitaria, no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago

María Rozas: “A día de hoxe, as persoas con discapacidade non ven garantido o seu dereito á mobilidade en Santiago”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía e a concelleira Marta Lois visitaron o centro da Asociación Sarela e recolleron as demandas da entidade para a mellor atención e integración das persoas con dano cerebral adquirido

CA recuperará a xestión pública dos parkings das prazas de Galicia e de Vigo

María Rozas explica que os aparcamentos poderán ter tarifas máis económicas e condicións beneficiosas para a veciñanza se son xestionados pola empresa municipal Tussa

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo