Escárnio e Maldizer, sen excusas para a violencia

Ante os feitos ocorridos na xornada deste martes relacionados co desaloxo do Centro Social de Escárnio e Maldizer na Algalia, Compostela Aberta manifesta o seu profundo rexeitamento ante todo tipo de violencias así como os inadmisibles danos ao mobiliario urbano, locais comerciais e patrimonio da cidade. É intolerable que unha manifestación en apoio da defensa de espazos sociais e culturais sexa aproveitada para iniciar unha batalla campal. Cómpre unha reflexión de todas as persoas, colectivos e forzas implicadas porque este tipo de accións só valen para alimentar o discurso represivo.

Reiteramos tamén o que xa dixemos despois do desafiuzamento. O centro da Algalia non presentaba ningún problema nin de convivencia nin de seguridade e dotaba de actividade cultural a un edificio histórico e emblemático da Zona Vella. Por iso lamentamos o uso desproporcionado da forza en vez da búsqueda de solucións negociadas.

Como ben se demostrou nos incidentes deste martes, intervencións desmedidas da policía nacional fomentan e xeran a aparición de problemas de convivencia onde non os había. Dende Compostela Aberta sempre defenderemos as manifestacións culturais de iniciativa popular, incluídas as que optan por funcionar á marxe das institucións. Veremos sempre con bos ollos a rehabilitación e dinamización de espazos e edificios, especialmente nunha zona tan sensible e necesitada como a Zona Vella. A actuación inmediatamente posterior ao desaloxo do centro da Algalia, tapiando con bloques de cemento un inmoble en pleno casco vello dunha cidade Patrimonio da Humanidade non nos fai ser optimistas. Temos a seguridade de que a veciñanza de Santiago prefire espazos vivos a fiestras tapadas con cemento.

Aproveitamos para mostrar o noso rexeitamento a este actuación de tapiado completamente irregular e contraditoria coas normas urbanísticas e de Patrimonio e  celebramos a celeridade do goberno municipal na apertura de expediente sancionador á propiedade do inmoble.

 

 

Arquivado en:zona vella
Novas
relacionadas

Compostela Aberta reclámalle ao Goberno a inmediata apertura do Centro Sociocultural da Cidade Vella

Jorge Duarte: “É un grave erro que o Goberno de Bugallo renuncie a revisar o Plan Especial da Cidade Histórica”

O concelleiro de Compostela Aberta urxe ao Goberno a retomar os traballos e a avanzar na implantación do Plan de Xestión aprobado no pasado mandato

Xan Duro: “A peonalización de Mazarelos é un gran exemplo dunha boa idea moi mal executada”

O concelleiro lamenta que o PSOE “non falara con ninguén antes de modificar a mobilidade no ámbito da Praza” e lembra que o Goberno”non executou todas as medidas propostas por  Compostela Aberta”

CA reclámalle a Bugallo “que execute as accións para a protección do comercio tradicional da zona vella ás que se comprometeu hai case dous anos”

Marta Lois lembra que “o Pleno acordo en xaneiro do 2020 o estudo dunha moratoria para as tendas de souvenirs, e 22 meses despois nada se fixo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo