GRUPO MUNICIPAL 2019

En maio de 2019 Compostela Aberta consegue 10.651 votos acada 5 concellerías. Un grupo municipal que co seu esforzo e traballo diario contribúe a facer a Compostela que queremos máis.

Teléfono: 981 542 360
Correo: compostelaaberta@santiagodecompostela.gal

MARTA LOIS GONZÁLEZ

MARTA LOIS GONZÁLEZ

PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL
Naceu en Vigo en 1969, ten unha filla e un fillo. Leva máis de 25 anos vivindo en Santiago de Compostela. Forma parte da directiva da ANPA do CEIP de Fontiñas e foi membro do Consello Escolar deste mesmo centro. É profesora na Facultade de Ciencias Políticas da USC. Os temas nos que habitualmente traballa están relacionados coas políticas públicas, a igualdade de xénero e a representación política. É parte dun amplo grupo de investigación sobre xénero e política con profesoras e investigadoras de varias universidades do Estado. Ademais, é integrante do grupo Armela, que analiza o impacto da actual crise económica no desenvolvemento e garantía dos dereitos sociais e a igualdade de oportunidades entre a cidadanía. Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

Portavoz municipal. Fai seguimento político das seguintes áreas de goberno: Relacións Institucionais, Universidade, Turismo, Promoción Económica, Emprego, Políticas Sociais e Igualdade.
Fai parte da xunta de portavoces, do Consorcio da cidade de Santiago, do Consello de administración de Incolsa e do Consello de Administración de Uninova.

Contacto: mloisg@santiagodecompostela.gal

Salario: 23.046,76 € brutos equivalentes a unha dedicación parcial de 15h/semanais equiparadas a un grupo A1 nivel 26 [53.847,50 €]

Branca Novoneyra

Branca Novoneyra

Nada en 1976. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, DEA en Educación Artística pola Universidade de Granada e especialista en Edición Dixital pola UOC. Durante dez anos traballou no ámbito da danza contemporánea e xestionou o Laboratorio de Movementos. É autora de dous libros de poesía e traballa no eido da xestión cultural, centrada no espazo editorial. Coorganiza o ciclo de lecturas poéticas Picaversos e colabora activamente con diversas estruturas e artistas en proxectos escénicos e poéticos. Concelleira de Acción Cultural en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

Fai seguimento político das seguintes áreas de goberno: Acción Cultural, Festas, Centros Socioculturais, Diversidade, Mocidade e Lingua.
Fai parte do Consello Reitor do Auditorio de Galicia.

Contacto: bnovor@santiagodecompostela.gal

Salario: 24.608,38 € brutos equivalentes a unha dedicación parcial de 16h/semanais equiparadas a un grupo A1 nivel 26 [53.847,50 €]

JORGE DUARTE

JORGE DUARTE

Nado no 1966, natural de Boimorto, arquitecto pola ETSA da Coruña, con especialización en Urbanismo e Rehabilitación e Renovación Urbana. Reside en Santiago de Compostela dende principios dos noventa e traballa no estudio Atrio Arquitectura, onde aborda proxectos de rehabilitación, de turismo rural, arquitectura bioclimática e tamén proxectos de urbanización. Foi presidente do Colexio de Arquitectos en Compostela e decano do Colexio de Arquitectos de Galicia e coordinou o Manual de Calidade do Proxecto Arquitectónico do Consello Superior de Arquitectos de España. Concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

Fai seguimento político das seguintes áreas de goberno: Mobilidade, Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas, Cidade Histórica e Obras.
Fai parte do Consello de Administración de Tussa.

Contacto: jduartev@santiagodecompostela.gal

Salario: 24.608,38 € brutos equivalentes a unha dedicación parcial de 16h/semanais equiparadas a un grupo A1 nivel 26 [53.847,50 €]

María Rozas Pérez

María Rozas Pérez

Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019.

Fai seguimento político das seguintes áreas de goberno: Facenda e Administración, Educación, Benestar Animal, Cooperación, Comercio e Mercados.
Fai parte do padroado da Fundación Refúxio de Animais e do Consello de Administración de Mercagalicia.

Contacto: mperezr@santiagodecompostela.gal

Salario: 24.608,38 € brutos equivalentes a unha dedicación parcial de 16h/semanais equiparadas a un grupo A1 nivel 26 [53.847,50 €]

Xan Duro Fernández

Xan Duro Fernández

Naceu na Coruña en 1966, e é pai de dous fillos. É Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, e traballa na Universidade de Santiago. Ten unha longa traxectoria vinculada ao movemento ecoloxista: foi presidente de ADEGA; coordenador xeral de Verdegaia, organización da que segue formando parte; e membro de Ecoloxistas en Acción. Foi concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia en Santiago no periodo 2015-2019.

Fai seguimento político das seguintes áreas de goberno: Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Servizos básicos, Seguridade Cidadá, Deportes e Medio Rural.

Contacto: xdurof@santiagodecompostela.gal

Salario: (sen dedicación exclusiva) asistencias aos Plenos ordinarios: 240,40 €/pleno e asistencias ás comisións informativas: 90,50 €/comisión

PERSOAL EVENTUAL

MIGUEL PENAS RODRÍGUEZ:

Coordinación política do grupo municipal e relacións institucionais coa coordenadora de CA

Dedicación completa equiparada a un grupo C1 nivel 22

37.653,36 € brutos/ano.

INÉS DOPAZO MELLA

Técnica de comunicación e redes do grupo municipal

Dedicación completa equiparada a un grupo C1 nivel 18

29.659,22 € brutos/ano.

 

MARÍA DEL RÍO NOYA

Administrativa e xestión de axenda do grupo municipal

Dedicación completa equiparada a un grupo C1 nivel 18

29.659,22 € brutos/ano.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies