Cultura, educación e deporte – Presentación das chaves 5 e 6

Mariño Noriega reta a Agustín Hernández a un cara a cara

  • Noriega fai este chamado ao alcalde en funcións de Santiago durante a presentación das chaves 5 e 6 do programa de Compostela Aberta

  • Branca Novoneyra: “Sen memoria do pasado non podemos construir unha cultura do futuro”

  • Manolo Dios: “O obxectivo é dobrar o orzamento en Educación”

Santiago, 13.maio.2015.­ Os candidatos de Compostela Aberta Branca Novoneyra, Manolo Dios e Martiño Noriega, presentaron este mércores 14 de maio as chaves 5 e 6 do seu programa electoral.
A candidata número catro da formación, Branca Novoneyra, presentou as liñas de actuación no terreo cultural que desenvolverían no caso de chegaren ao goberno local de Compostela. Así, Novoneyra declarou que a cultura é un espazo común e non privado, no que debería primar a calidade sobre a cantidade de actos.
Sobre o relativo ao uso dos espazos públicos e concertos en locais, Novoneyra propón unha mesa de diálogo entre os axentes implicados. O obxectivo é chegar a un acordo entre todas as partes para atopar a mellor maneira de resolver este punto. Tamén ve necesario o cambio na programación cultural do concello para a súa mellora e a chegada a toda a cidadanía. Propón a busca de fondos europeos para a participación dos artistas composteláns nas redes europeas e estatais de Cultura.

A educación como alicerce

Pola súa banda, o candidato número sete, Manolo Dios, presentou a chave “Educar con calidade para termos futuro”. Manolo Dios sinalou a necesidade de incrementar ata duplicar o orzamento do concello en materia educativa, logo de auditar as contas nesta materia. O candidato de Compostela Aberta destacou a importancia da mellora nas instalacións educativas do concello porque “nalgúns casos non se corresponden coa educación do século XXI”.
Entre as liñas de actuación no departamento de Educación, estarían a ampliación da rede de escolas infantís no ciclo de cero a tres anos. Tamén contemplan a creación de Escolas para Pais e Nais que corresponsabilicen a pais e nais na resolución de conflitos no ámbito educativo. Por último, Manolo Dios destacou a creación dun Consello Escolar Municipal para que a comunidade educativa teña con quen falar no concello.
Presentadas as chaves, o candidato número un de Compostela Aberta, Martiño Noriega, resaltou que: “Vai sendo o momento, nesta campaña xa tan polarizada, de que o actual alcalde teña a ben non fuxir dos debates”. Noriega dixo isto en alusión ás ausencias de Agustín Hernández das diferentes convocatorias de debates feitas ata o de agora. Sobre este punto, Noriega dixo estar disposto a debater tanto cara a cara con Hernández ou con todos os candidatos á alcaldía. “A xente demanda debates, algo que corresponde aos procesos democráticos”. Neste sentido Compostela Aberta espera e esperará a que Hernández teña a ben sentarse diante dunha mesa para falar sobre cuestións que afectan á cidade.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo