
Lingua
O GdT de Lingua encárgase da materia de lingua galega, da elaboración do programa de lingua de Compostela Aberta e de medidas fundamentais para a dinamización, promoción, revitalización e protección do galego no concello de Santiago de Compostela. O GT de Lingua traballa partindo dun discurso lingüístico renovado e inclusivo que teña en conta a realidade plurilingüe, na que se promova o galego, e a lusofonía.
Participa. Achéganos as túas propostas: lingua@compostelaaberta.org