
Políticas Sociais e Saúde
Este GdT divídese en dous subgrupos: Políticas Sociais e Saúde. O seu obxectivo e propor medidas que garantan unhas políticas sociais e de saúde públicas, universais, de calidade, integrais e solidarias, con orzamentos suficientes que garantan a xestión pública directa e cun catálogo de prestacións e servizos axeitados e suficientes para atender a diversidade de demandas sociais, priorizando os programas de prevención, promoción e desenvolvemento da autonomía persoal e da saúde.
Participa. Achéganos as túas propostas: politicassociais@compostelaaberta.org