Información sobre a reunión constitutiva do espazo para a Confluencia

O pasado 31 de xullo tivo lugar a primeira reunión multilateral á que estaban convocadas as organizacións e partidos políticos interpeladas no documento “Proposta de Compostela Aberta para relanzar o espazo político galego da unidade popular”.

A esta primeira reunión asistiron representantes de AnovaCompostela AbertaEsquerda UnidaFerrol en ComúnMarea Atlántica e Podemos cos seguintes puntos de encontro:

1. PUNTOS EN COMÚN

Partindo da lóxica da cooperación entre as partes e desbotando as dinámicas competitivas de confrontación constituíse a ‘Mesa para a Confluencia’ como un espazo de comunicación no que participan as organizacións políticas e candidaturas locais da unidade popular.

Este espazo de traballo conxunto constitúese para resolver diferencias e para procurar a corresponsabilidade das partes na construción dun espazo político galego en común.

Orixinariamente neste espazo participan Anova, Esquerda Unida, Podemos, Compostela Aberta, Ferrol en Común e Marea Atlántica. Esta composición fica aberta a novas incorporacións dos axentes que soliciten e após a aprobación por consenso dos participantes actuais.

Na reunión constituínte do 31 de xullo abordáronse os puntos en común dos que partimos para relanzar En Marea como ferramenta para asentar as bases dunha unidade popular máis forte e con renovada capacidade de aglutinar vontades.

1.1 A necesidade da unidade popular

Partindo das experiencias políticas acumuladas e tendo como modelo para a confluencia as candidaturas municipais que mostraron o camiño no 2015 a unidade popular tense mostrado como unha ferramenta, ao servizo da cidadanía, moi efectiva. Neste sentido, para relanzar o proxecto e potencialo consideramos necesario resaltar as seguintes cuestións:

  • A necesidade da defensa do municipalismo e das candidaturas da unidade popular xa asentadas e nas que se recoñece o espazo.
  • Estas candidaturas municipais son un exemplo de como se pode conformar a confluencia, e nos seus modelos debería recoñecerse En Marea.
  • A unidade popular ten que recoñecer os elementos e organizacións que a conforman e partindo diso reforzar o conxunto e as partes.
  • O recoñecemento das diferentes identidades políticas debe vir acompañado da recuperación da pluralidade da confluencia.
  • Unidade non significa uniformidade, non son sinónimos, a pluralidade interna enriquece e torna máis forte un proxecto político que ten vocación de ser hexemónico.
  • Para todo o anterior, é necesario que as partes se corresponsabilicen na construción do espazo e na defensa destes principios.


1.2 O suxeito político galego

O recoñecemento dun suxeito político galego significa entender que a unidade popular operará en consecuencia con este principio no plano organizativo e político. A construción deste suxeito nacional galego significa un encadramento natural que desde a súa propia soberanía pode procurar encadramentos e complicidades noutros ámbitos de actuación como é o estatal por exemplo. Neste sentido, para relanzar o proxecto e potencialo consideramos necesario resaltar as seguintes cuestións:

  • É imprescindible reforzar o suxeito político galego a partir da definición duns obxectivos comúns que sumen e multipliquen.
  • Estes obxectivos teñen que traducirse nun programa político transformador, que sexa alternativa ás políticas neoliberais.
  • Compre diferenciar entre o formato legal do suxeito e a articulación orgánica do espazo da unidade popular, que non sempre teñen que coincidir.
  • A articulación orgánica do espazo non pode traducirse na construción dun partido vertical de corte clásico, compre formulas innovadoras e horizontais.

 

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo