Queres facer parte e participar en Compostela Aberta?

Compostela Aberta é unha proposta colectiva que parte dun proceso político-social de confluencia. A nosa acción política tense destacado, sempre, pola mestizaxe, a xenerosidade e a capacidade de integración.
Somos un proxecto político propio e municipalista que funciona como exemplo de ferramenta útil para o impulso de políticas transformadoras na sociedade.

Se queres inscribirte e participar en Compostela Aberta, envía o seguinte formulario indicando os teus datos de contacto e a túa aportación mensual (mínimo 5€). Se simplemente queres recibir información e convites puntuais para participar podes contactar con nós para inscribirte na nosa lista de correo.

    O envío deste formulario supón a solicitude e aceptación dos dereitos e obrigas como persoa inscrita no censo de Compostela Aberta así como das condicións esixibles para formar parte do mesmo, indicadas no capítulo II dos estatutos de Compostela Aberta. Tamén supón a aceptación da carta ética de Compostela Aberta. A solicitude terá que ser ratificada polos organismos competentes da organización.
    De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de COMPOSTELA ABERTA para o seu uso exclusivo. Poderán solicitar a modificación ou cancelación dos mesmos enviando un correo electrónica a redes@compostelaaberta.org.

    Uso de cookies

    Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

    Aviso de cookies