Jorge Duarte: “A descoordinación do Goberno fixo que o proxecto do muro do Pombal quedara incompleto e que a rúa non teña un tratamento uniforme”

  • O concelleiro de Compostela Aberta demandará no Pleno que o Goberno complete o proxecto de reparación do muro da Alameda, ata a travesa do Cruceiro do Gaio

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que lle demanda ao Goberno que complete a reparación do muro da Alameda, cun proxecto que unifique o seu tratamento na rúa do Pombal ata a travesa do Cruceiro do Gaio. O concelleiro Jorge Duarte lembrou que “CA leva dous anos reclamando esa actuación, que non se impulsou por mor da falta de coordenación entre as concellerías de Urbanismo, Obras e Mobilidade, que tamén está afectando a outras importantes actuacións na cidade”. 

Jorge Duarte lembrou que as obras de reparación do muro do Pombal comezaron en xaneiro deste ano, “26 meses despois dos primeiros desprendementos de pedras e rochas, en novembro de 2019, que crearon unha situación de risco e perigosidade na zona, e aos que lle habían seguir novos desprendementos en febreiro de 2021”.O concelleiro de CA explicou que “xa en setembro de 2020, a Comisión Asesora da Cidade Histórica avaliou un proxecto que lle afectaba tanto á parte pública como a terreos privados e que, ademais da reparación do muro, contemplaba melloras na accesibilidade e abría un novo acceso á Alameda desde a parte inferior da rúa do Pombal”. Esta actuación non se levou a cabo pola falta dun acordo cos propietarios dos terreos privados, “pero tamén pola falta de coordinación entre concellerías, que impediu que se puxera en marcha un procedemento de expropiación para a obtención desas parcelas, seguindo o xa previsto no planeamento”.

Jorge Duarte insistiu en que “CA pediu reiteradamente, tanto na Comisión Asesora como no propio Pleno, que o proxecto fora desenvolvido na súa totalidade, prevendo unha solución única e conxunta para todo ese ámbito desde a travesa do Cruceiro do Gaio”. O concelleiro de CA lamentou que “a falta de dilixencia do Goberno teña como resultado o que hoxe vemos no Pombal, cun tramo da rúa co muro recuperado, outro tramo cunha solución estética moi diferente cun verxado, e o último tramo, na esquina coa travesa do Cruceiro do Gaio, na que segue sen actuarse de ningún xeito”.

Na opinión de Jorge Duarte, “o acontecido no Pombal é unha mostra do que pode pasar cando as concellerías do Goberno traballan de maneira independente, cunha descoordinación que tamén está a xerar problemas noutras actuacións”. Nese sentido, o edil lembrou “o esperpento do Hórreo, cunhas obras que se demoraron porque as concellerías de Mobilidade e de Obras non fixeron o traballo previo necesario para coñecer cales eran todas as necesidades a atender; ou as de Concheiros, onde os dous departamentos adoptaron solucións e mesmo lle fixeron anuncios á veciñanza contradictorios entre sí”.

Por este motivo, Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que insta ao Goberno a realizar as actuacións precisas para completar as obras do proxecto do límite leste da Alameda no ámbito de contacto coa rúa do Pombal, e a levar adiante o proxecto de reforma da rúa do Pombal tendo en conta as necesidades de mobilidade neste ámbito. Por último, CA urxe a mellorar a coordinación entre concellerías, e máis en concreto entre os departamentos de Urbanismo, Obras e Mobilidade, para non causar máis atrasos no desenvolvemento das obras e, polo tanto, prexuízos á veciñanza.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA COMPLETAR O PROXECTO DE REFORMA DO LÍMITE LESTE DA ALAMEDA E AS OBRAS DE REFORMA E MELLORA DA ACCESIBILIDADE DA RÚA POMBAL E PARA IMPULSAR MECANISMOS DE COORDENACIÓN ENTRE CONCELLERÍAS NAS OBRAS

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo