Jorge Duarte: “Coa intermodal totalmente encamiñada, chegan os problemas pola mala planificación do Goberno de Bugallo”

O concelleiro de Compostela Aberta lamenta que o Concello non teña en conta ao arquitecto Juan Herreros “para lograr unha reforma do Hórreo que sexa unitaria coa estación”
  • O edil denuncia “a chapuza das escaleiras de conexión coa pasarela” e insta ao Concello a acondicionar un paso de peóns elevado que xa estaba proxectado en 2018 

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte instou hoxe ao Goberno local a contar coa colaboración do arquitecto Juan Herreros no proxecto para a reforma do Hórreo, “co obxectivo de conseguir un deseño unitario entre esta rúa e a nova estación intermodal”. Para o edil, “é evidente que ao Goberno de Bugallo estáo pillando o tren con este proxecto, e boa mostra é o acontencido coas polémicas escaleiras que comunican a pasarela co Hórreo, que son o resultado dunha mala execución da Xunta e dunha nula supervisión do Concello”.

Jorge Duarte explicou que  Compostela Aberta leva ao Pleno de mañá unha pregunta en relación á estación, “despois de que o propio ministro de Transportes asumira que non é preciso modificar o convenio asinado no seu día polo Goberno de CA para acometer a segunda fase das obras da intermodal”. O concelleiro lembrou que “malia os discursos apocalípticos dalgúns, entre eles do alcalde Bugallo, o tempo dános a razón e queda demostrado que a cláusula obrigaba á construción desa segunda fase unha vez acadados os 3,5 millóns de usuarios, pero non impedía acometela antes. De feito, insistiu, “foi xa no ano 2017 cando ADIF contratou o desenvolvemento deste proxecto conxunto da pasarela e a ampliación da estación ao estudio de Juan Herreros, paso previo necesario para a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado”. 

Para Jorge Duarte, “é unha mágoa que nun proxecto que está definitivamente encamiñado se vexan agora déficits qe son a consecuencia da mala xestión da Xunta de Galicia e da nula supervisión por parte do Concello de Santiago”. Así, o edil lamentou o acontecido coas polémicas escaleiras de conexión coa pasarela da intermodal que invaden a rúa do Hórreo, “unha solución que non estaba prevista e que, aínda que sexa provisional como se di agora, non deixa de ser unha verdadeira chapuza que recoñecen o propio alcalde e máis a conselleira de Infraestruturas”. Para o concelleiro, “é incomprensible que o Concello non acometera unha solución como a que xa estaba prevista no ano 2018, co acondicionamento dun paso de peóns elevado no Hórreo á altura da pasarela, e unha pequena elevación da cota da beirarrúa nese ámbito”. O edil instou ao Goberno local a executar este arranxo á espera da reforma da rúa “cun proxecto que a estas alturas xa debera estar máis definido e encamiñado”.

O concelleiro denunciou que “o Goberno de Bugallo parece actuar con improvisación e sempre esgotando os prazos, e ainda non tén os deberes feitos aínda que coñecía desde 2019 que era preciso reformar o Hórreo e darlle unha solución unitaria co conxunto da estación, creando unha gran praza pública de acceso á intermodal”. Duarte lamentou que o Concello non tivera preparada xa esta adecuación, “e sobre todo que non se contara co arquitecto responsable do proxecto da pasarela e da segunda fase da intermodal, Juan Herreros, para lograr un proxecto conxunto e unitario”. O edil lembrou que Bugallo “estivo anos reivindicando o espírito de Herreros, con morriña daquel proxecto do ano 2007 que nós non compartimos pola súa parte especuladora, e agora non conta co arquitecto para a única parte que lle corresponde ao Concello acometer, a reforma do Hórreo, que debera manter a unidade co resto da actuación”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE OS ACCESOS Á ESTACIÓN INTERMODAL

Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

Compostela Aberta abstense na votación da proposta para Peleteiro “que non tiña o apoio da veciñanza e creaba inseguridade xurídica”

Jorge Duarte lamenta “os catro anos perdidos por Bugallo, que en 2019 obrigou a tumbar a única alternativa que logrou o consenso de veciñanza, comerciantes e propiedade en máis de 18 anos”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo