Jorge Duarte: “Hoxe constátase que Santiago terá unha gran estación intermodal grazas ao convenio asinado polo Goberno de CA”

O concelleiro de Compostela Aberta lembra que “a redacción do proxecto da nova estación de ferrocarril foi licitado en 2017, de maneira conxunta coa pasarela xa operativa”
  • Duarte pregúntase “que foi da gran ofensiva anunciada por Bugallo para mellorar o proxecto que tanto criticaba no pasado mandato, e que hoxe vimos que mantén as súas características esenciais”

“A presentación do proxecto da nova estación de ferrocarril demostrou hoxe que Santiago terá unha gran intermodal grazas ao convenio asinado durante o pasado mandato polo alcalde Martiño Noriega, e que o Goberno de Compostela Aberta foi quen de desbloquear unha infraestrutura pola que a capital galega levaba máis dunha década agardando”. Así se pronunciou hoxe o concelleiro Jorge Duarte, despois de asistir ao acto celebrado no Pazo de Raxoi para coñecer o deseño do arquitecto Juan Herreros. Duarte lembrou que “foi en agosto de 2017 cando ADIF decidiu licitar de forma conxunta os proxectos das dúas fases da intermodal, a primeira delas xa finalizada e posta en funcionamento e a segunda a que hoxe coñecemos”.

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción porque “Santiago  vai ter a intermodal que precisa, a pesar dos malos agoiros dos que nin sequera quixeron asistir ao acto no que o alcalde Martiño Noriega, a conselleira Ethel Vázquez e a ministra Ana Pastor asinaron o convenio que posibilitou que hoxe esteamos coñecendo a estación do futuro”. Para o edil, “confírmase hoxe todo o que CA asegurou ao longo do pasado mandato: que teriamos nova estación do ferrocarril e que non habería que agardar aos 3,5 millóns de pasaxeiros para a construción da segunda fase da intermodal”. Nese sentido, Duarte lembrou que “nin sequera foi preciso modificar o convenio asinado no seu día, como sostiña Bugallo”.

Jorge Duarte salientou que o proxecto presentado hoxe, e do que se iniciou a licitación en 2017, “non muda na súa esencia con respecto aos primeiros borradores que xa coñecimos durante o pasado mandato, e que foran duramente criticados polo hoxe alcalde”. Nese sentido, o concelleiro de CA preguntouse “que foi da gran ofensiva para mellorar o proxecto da intermodal que anunciara un Bugallo, que era especialmente crítico co relativo á área de aparcamento da intermodal que, tal e como vimos hoxe, manténse no previsto inicialmente”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo