Jorge Duarte pídelle ao Goberno que impulse a creación da zona deportiva das Brañas de Sar

O concelleiro lembra que Compostela Aberta iniciou no pasado mandato a redacción dun anteproxecto para desenvolver este equipamento

Compostela Aberta instará ao Goberno, no Pleno da próxima semana, a impulsar a creación dunha nova zona deportiva na contorna das Brañas de Sar, na parcela xa destinada a ese fin no PXOM vixente. Jorge Duarte explicou que no anterior mandato fora encargada a redacción dun anteproxecto para facer realidade este novo equipamento, que completaría o coñecido como Campo de fútbol da Colexiata, e do que nada se soubo nestes meses de mandato.

O concelleiro Jorge Duarte explicou que o Plan Especial de Ordenación, Protección, Mellora Medioambiental e Acondicionamento das Brañas do Sar, aprobado en 2011, inclúe unha parcela destinada a zona deportiva, dalgo máis de 40.000 metros cadrados. Trátase do solo que xa está ocupado, na súa zona central, polo campo de fútbol de terra coñecido como Campo da Colexiata. O concelleiro explicou que “esta plataforma supón un impacto nas Brañas, interrompe a circulación, e por iso o Plan Especial pretende mudar esta instalación para que quede máis integrada topográfica e paisaxísticamente, e mesmo para abrir un novo viario de conexión entre o rueiro de Muíño e a rúa de Brañas de Sar”. Tamén se contemplaba o acondicionamento dunha zona de aparcamento, “que lle daría servizo ás persoas usuarias do equipamento deportivo e tamén á veciñanza do barrio”. O edil de CA sinalou, ademais, que “é importante dotar esta zona de pistas polideportivas, porque hai unha clara carencia en Compostela deste tipo de equipamentos multiúsos”.

Rematar os traballos iniciados

Duarte explicou que “todas estas premisas estaban recollidas nun anteproxecto de planeamento que foi presentado a finais do pasado mandato, e que fora encargado polo anterior Goberno atendendo a unha demanda da veciñanza do barrio”. Para o concelleiro, “pechar este planeamento é un primeiro paso moi importante para seguir mellorando as Brañas de Sar”.

Jorge Duarte lembrou que no anterior mandato, a concellería de Espazos Cidadáns iniciou catro proxectos de novo planeamento, tres deles vinculados coa mellora da accesibilidade, e un cuarto relacionado con esta zona deportiva de Brañas de Sar. En canto aos tres proxectos relacionados coa accesibilidade, só foi aprobado o que regulaba a instalación de ascensores en San Ignacio de Loyola e tampouco houbo avances nos proxectos relativos á rúa do Penedo; e á rúa Oviedo e á avenida de Salamanca.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DE COMPOSTELA ABERTA PARA IMPULSAR UN COMPLEXO DEPORTIVO AO AIRE LIBRE NO BARRIO DE SAR

Arquivado en:Jorge Duartesar
Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo