Jorge Duarte reclama información sobre o estudo que lle foi encargado a Gesvalt para determinar os usos da parcela do vello Peleteiro

Na última comisión especial de Peleteiro presentouse un proxecto arquitectónico da SAREB, pero non o informe polo que o Concello pagou case 15.000 euros

O concelleiro Jorge Duarte pedirálle ao Goberno que explique no próximo Pleno se xa coñece as conclusións do informe sobre posibles usos do vello colexio Peleteiro, que lle contratou á empresa Gesvalt en agosto de 2019. O edil de Compostela Aberta reiterou a súa estrañeza porque ese estudo non fora levado diante da comisión especial de Peleteiro, que nunha reunión celebrada a pasada sí puido coñecer o proxecto arquitectónico para os terreos proposto pola  propiedade, a SAREB.

Duarte lembrou que na reunión da Comisión Especial sobre Peleteiro celebrada o pasado 16 de xullo, os arquitectos da SAREB presentaron un proxecto arquitectónico para os terreos “que supón un paso atrás porque retoma propostas que xa foran desbotadas anteriormente por non contar co necesario consenso institucional e social do barrio, un consenso fundamental para a aprobación en Pleno pero tamén porque esta é a última grande peza urbanística do Ensanche”. Para o concelleiro de CA, ademais deste paso atrás, “sorprende o feito de que sexan os arquitectos da propiedade os que presenten ese deseño, cando a Comisión de Peleteiro aínda non puido coñecer os resultados do informe que o Concello lle encargou en agosto de 2019 á empresa Gesvalt Sociedad de Tasación S.A para definir os posibles usos urbanos do antigo Peleteiro”.

O estudo contratado a Gesvalt, cun orzamento de 14.520 euros, tiña un prazo de execución de tres meses e, de feito, no Pleno ordinario do mes de novembro o alcalde afirmou que a empresa “quedou en presentar un avance do seu traballo na primeira quincena de decembro”. Jorge Duarte sinalou que naquel Pleno, Xosé Sánchez Bugallo tamén mostrara a  súa oposición a que o uso residencial fora o prioritario de Peleteiro porque “non aporta nada. Outra cousa é que vivenda é cash, para a promotora”. Para o concelleiro é chamativo que “despois de facer esa afirmación no Pleno, Bugallo presentara en xaneiro unha proposta para o desenvolvemento da parcela de Peleteiro que era idéntico no reparto de usos ao defendido por Compostela Aberta no pasado mandato e rexeitado polo PSOE, e que despois de que os socialistas acusaran a CA de defender os intereses da propiedade, o alcalde leve á comisión especial de Peleteiro unha proposta dos arquitectos da SAREB”.

Duarte tamén lembrou que “no anterior mandato elaborouse un documento de avaliación ambiental que estudaba cinco propostas diferentes para Peleteiro, e delas elixiuse a opción que abría o espazo público para República Arxentina e mantiña o voume edificado, porque esa era a proposta que respondía ás demandas dos grupos municipais e tamén da veciñanza e do tecido comercial do Ensanche”. Agora, incidiu, “Bugallo presenta na Comisión de Peleteiro un documento de parte elaborado pola SAREB e que atende únicamente aos seus intereses, e quere meterlle presa aos grupos da corporación para que sexa aprobado sen sequera coñecer o resultado do informe da Gesvalt”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DE CA SOBRE O INFORME DE USOS PARA A PARCELA DO VELLO COLEXIO PELETEIRO

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

CA creará unha nova empresa municipal de vivenda que actúe tamén no mercado do alugueiro

Compostela Aberta propón que a nova empresa municipal “promova a construcción de vivendas a prezo taxado nos solares municipais, pero sobre todo que poña vivendas baleiras no mercado do alugueiro, a prezos sociais”

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

A candidata de Compostela Aberta compromete a creación dunha rede de alugueiro de bicicletas eléctricas con tarifas especiais para a comunidade universitaria, no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo