Compostela Aberta presenta unha lista honesta, valente e comprometida para seguir conquistando futuro para Santiago

Compostela Aberta presentou este mércores a súa lista completa para as eleccións municipais de 2019, despois do proceso de primarias abertas do que resultou elixido o primeiro tramo de 14 postos da candidatura.

Compostela Aberta presentou este mércores a súa lista completa para as eleccións municipais de 2019, despois do proceso de primarias abertas do que resultou elixido o primeiro tramo de 14 postos da candidatura.

Unha candidatura honesta, valente e comprometida para seguir conquistando máis futuro para Santiago, reflexo dunha Compostela diversa, inclusiva e dinámica que exerce orgullosa de capital do País.

Martiño Noriega agradeceu a implicación “de todas as persoas que decidiron formar parte da lista, e que deste xeito deron un paso adiante para apostar por un Santiago con máis futuro”.

Acompañado por parte das persoas candidatas, o alcalde e candidato á reelección mostrou o seu convencemento “de que a lista é un moi bo reflexo da cidade que quere Compostela Aberta e na que vimos traballando desde o Goberno nos últimos catro anos”. Martiño Noriega explicou que “quixemos integrar a persoas do movemento asociativo, mesmo a algunhas que foron moi esixentes con nós ao longo deste mandato, porque cremos que é a veciñanza a que ten que decidir como quere que sexa a súa cidade porque Santiago tén máis motores que o institucional”. Ademais, incorporamos “ben nos 25 postos da lista ou ben nas suplencias, a referentes nas diferentes organizacións políticas que fixeron de Compostela Aberta o seu espazo común de representación no ámbito municipal”

Candidatura de persoas valentes”
Martiño Noriega insistiu en que “esta é unha candidatura de futuro, que cre que Santiago está nunha nova etapa que é unha verdadeira oportunidade”. O alcalde e candidato á reelección salientou que “a nosa lista mostra o espazo de liberdade que reivindicamos e que representamos, dela forman parte homes e mulleres valentes, que quixeron estar por riba das campañas de criminalización da nosa organización política”.

Aos 14 nomes da lista que xa se coñecían despois do proceso de primarias, incorporouse no número 15 o deportista Antón Ruanova, dúas veces subcampión de España de Triatlón e que na actualidade se atopa en Brasil preparando a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio. Tras del, na lista aparecen tres persoas implicadas no movemento veciñal de Compostela: Graciela Carro, da asociación de veciños de Marrozos; Antonio Pérez Casas, traballador da Universidade de Santiago e moi activo no seu barrio de San Pedro; e Marisa Álvarez Garea, do barrio de Conxo. Séguenlle Sigrid Campo, licencidada en Administración e Dirección de Empresas; Miguel Vilariño, funcionario do Concello de Santiago; Comba Campoi, actriz e profesora no IES Lamas de Abade; Víctor Manuel Santidrián, doutor en Historia Contemporánea pola USC: e María Luz López Pardal, do movemento asociativo de Vista Alegre. A lista de Compostela Aberta para as primarias péchana a actriz Mónica García, vinculada á compañía Chévere; e o escritor e editor Xosé Ramón Fandiño.

Martiño Noriega lembrou que “Compostela Aberta foi a única organización que optou por un proceso de primarias abertas á cidadanía para decidir o primeiro tramo da lista”, e incidiu no valor engadido que supón “que preto de 600 veciños e veciñas de Santiago se implicaran para decidir a candidatura que querían para o seu Concello”.

O proceso de primarias, que se desenvolvera a finais de marzo, decidiu os 14 primeiros postos da lista. Martiño Noriega, Branca Novoneyra e Rafael Peña encabezan a candidatura, seguidos por Marta Lois, Jorge Duarte, María Rozas, Xan Duro e Concha Fernández. Alejandro Castro Botello é, no número 9, a primeira cara nova con respecto ao actual Goberno municipal, e está seguido no 10 por Noa Morales. O primeiro tramo complétase con Miguel Penas, actual coordinador do gabinete da alcaldía; Natalia Paleo, profesora de Ciencia Política; (Nome eliminado por solicitude do interesado); e Chus Iglesias, artesá e comerciante da cidade histórica, responsable da Xoiaría Acivro.

Candidatura

Esta é a lista completa de Compostela Aberta para as Eleccións Municipais de maio de 2019

1. MARTIÑO NORIEGA SÁNCHEZ
2. BRANCA PETRA NOVO REY
3. RAFAEL PEÑA VIDAL
4. MARTA IRENE LOIS GONZÁLEZ
5. JORGE CARLOS DUARTE VÁZQUEZ
6. MARÍA ROZAS PÉREZ
7. XAN XESÚS DURO FERNÁNDEZ
8. CONCEPCIÓN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
9. JOSÉ ALEJANDRO CASTRO BOTELLO
10. NOA MORALES SÁNCHEZ
11. MIGUEL PENAS RODRÍGUEZ
12. NATALIA PALEO MOSQUERA
13. (Nome eliminado por solicitude do interesado)
14. MARÍA JESÚS IGLESIAS PRADO
15. ANTÓN RÚANOVA FERNÁNDEZ
16. GRACIELA CARRO ASOREY
17. ANTONIO PADUA PÉREZ CASAS
18. MARÍA LUÍSA ÁLVAREZ GAREA
19. SIGRID CAMPOS REGUEIRO
20. MIGUEL VILARIÑO LORENZO
21. COMBA CAMPOI GARCÍA
22. VÍCTOR MANUEL SANTIDRIÁN ARIAS
23. MARÍA LUZ LÓPEZ PARDAL
24. MÓNICA GARCÍA PÉREZ
25. JOSÉ RAMÓN FANDIÑO VEIGA

Suplentes
1. MARÍA LUISA GONZÁLEZ VÁZQUEZ
2. DAVID DOMENECH LABANDEIRA
3. ANXOS PAZ GARCÍA
4. IVÁN RODRÍGUEZ IGLESIAS
5. ÁNGELA FERNÁNDEZ DA SILVA
6. ADRIÁN DIOS VICENTE
7. PILAR PÉREZ REY
8. DIEGO GABRIEL HORSCHOVSKI EMILIO
9. ESPERANZA PEÑA MEJUTO
10. JESÚS RIVERA ARMÁN

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo