Máis de 40 actos pegados ao territorio e 13 retos para termos “Máis Futuro”

Máis de 40 actos por todo o territorio municipal, tres actos centrais “apelando á imaxinación e á participación cidadá”, encontros sectoriais cada día, e a presentación dos “trece retos para termos máis futuro para Santiago”.

Máis de 40 actos por todo o territorio municipal, tres actos centrais “apelando á imaxinación e á participación cidadá”, encontros sectoriais cada día, e a presentación dos “trece retos para termos máis futuro para Santiago”. Son os eixos nos que se vai basear a campaña electoral de Compostela Aberta, “baseada nos piares da valentía, a proximidade e a honestidade”, e que arranca este x cun xoves cun acto que se vai celebrar na Sala Riquela.

O candidato á reelección e coordinador da campaña, Martiño Noriega, e o adxunto á coordinación da campaña, Miguel Penas, presentaron os detalles da campaña electoral que, segundo o alcalde, “vai ser decisiva e demostrará que Compostela Alberta ten outra maneira de facer as cousas”. Martiño Noriega explicou que a campaña “foi deseñada para manter unha elevada presenza na rúa,
como viñemos facendo ao logo destes catro anos, e non para facer grandes promesas difíciles de cumprir como están facendo outros candidatos, senón para render contas e falar con responsabilidade do futuro de Santiago”

Máis de 40 actos polo territorio
Ao longo das dúas próximas semanas, Compostela Aberta celebrará máis de 40 actos “que nos permitirán recorrer cada metro cadrado do termo municipal”. O candidato explicou que “eu mesmo levo xa semanas mantendo encontros coa veciñanza, con visitas a 16 das 21 parroquias do rural, e con reunións sectoriais con diferentes colectivos e entidades”.

Ademais, celebraremos tres actos centrais “nos que apostaremos por modelos imaxinativos, alonxados dos formatos dos mitins tradicionais, porque ese tamén é sinal de identidade de Compostela Aberta”. O primeiro deses actos será a apertura de campaña, a partir das 23.30 na Sala Riquela. Martiño Noriega explicou que estaba previsto “facer a pegada de cartaces na Alameda, ao carón das Dúas Marías, pero o mal tempo obrigounos a apostar por un acto no interior no que intentaremos darlle continuidade ao acto celebrado onte na Sala Capitol, que superou todas as nosas espectativas en canto ao apoio mostrado pola veciñanza”

A seguinte cita central da campaña será no martes 21 na Sala Capitol, “un acto que non vai deixar indiferente a ninguén e no que mostraremos que as campañas electorais poden ser divertidas, estar máis conectadas co conxunto da cidadanía e coa xente do sector da cultura”. O terceiro acto central será o do peche da campaña “que será en exterior se o tempo o permite, e que contará con música en directo para ser unha verdadeira festa”.

Encontros sectoriais e presentación dos 13 retos
Ademais deses actos abertos, están previstos encontros sectoriais cada día “para render contas e tamén para seguir recollendo demandas das entidades e dos diferentes sectores de Compostela”.

Martiño Noriega explicou que nos próximos días iremos debullando tamén os 13 retos para conseguir Máis Futuro para Santiago. Trátase de compromisos “que enlazan coas trece chaves da campaña de 2015, pero que nacen dos cinco grandes bloques nos que Compostela Aberta estruturou o seu programa electoral: A Compostela Capital, a Compostela que avanza, a Compostela para vivir, a Compostela dos coidados e a Compostela que latexa”. Cada día haberá unha comparecencia na que o candidato e os diferentes integrantes da lista irán concretando cada un deses trece retos.

OViso.tv
O adxunto á coordinación de campaña e número 11 da lista de Compostela Aberta afondou noutro dos instrumentos que serán utilizados durante a campaña: a plataforma “O VISO TV”, dispoñible para web en www.oviso.tv e app móbil para Android. Miguel Penas explicou que se trata dun portal “similar ao recoñecido Netflix no que se poderá atopar todo o material audiovisual co que CA se apoiará nesta campaña, material no que contamos o que fixemos neste mandato, avanzamos no que queremos facer, e tiramos de moito sarcasmo e moito humor”.

Nesta plataforma tamén se poderá ver nuns días o videoclip que ten realizado Compostela Aberta para esta campaña, “que servirá para referenciar ás mulleres e homes da lista, e tamén á nosa cidade”. O videoclip servirá de acompañamento para o tema musical da campaña: unha nova versión da cantiga tradicional Monte Viso, cun ton moi dinámico e moderno.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo