Máis dun ano con goteiras no CEIP López Ferreiro sen que o Goberno de Bugallo actúe

María Rozas esixe que as reparacións se acometan nas vacacións de Nadal “para evitar situacións de inseguridade como as que xa se produciron coa caída de planchas do falso teito por mor da humidade acumulada”

Compostela Aberta pídelle a Concello e Xunta que colaboren na elaboración dun Informe de Avaliación do Edificio do CEIP, que tén xa máis de 50 anos de antigüidade

A ANPA do CEIP López Ferreiro leva desde o 24 de xaneiro agardando que o Concello atenda as súas demandas para o arranxo dalgunhas deficiencias do centro, as máis graves as goteiras que lle afectan ao comedor e á aula de informátiva. Denunciouno María Rozas, despois de realizar unha visita ao colexio na que estivo acompañada pola presidenta da ANPA. A portavoz de Compostela Aberta lamentou que “unha vez máis o concelleiro de Educación demostra a súa incapacidade, que é tamén a incapacidade do propio alcalde”. CA reclamará no próximo Pleno que as reparacións se acometan de maneira urxente, xa no período non lectivo do Nadal.

A portavoz de Compostela Aberta visitou o CEIP López Ferreiro para coñecer as demandas da comunidade educativa dun centro “que é dos máis antigos de Santiago, e tamén dos que teñen unha maior matrícula, con máis de 450 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria”. María Rozas escoitou algunhas reclamacións das que o Goberno de Bugallo é coñecedor desde o 24 de xaneiro, cando a ANPA lle remitiu un dossier na que relataba as deficiencias do colexio. Ainda que o Concello sí resolveu algunhas cuestións que lle afectaban ao exterior do edificio, “case un ano despois o Goberno de Bugallo non respondeu á demanda máis urxente da ANPA: o arranxo das goteiras que lle afectan principalmente ao comedor e tamén á aula de informática”. Para María Rozas, “non se entende que as concellerías de Educación e Obras non preveran esta actuación para os periodos non lectivos, porque falamos dun espazo, o comedor, que utilizan a diario máis de 240 nenos e nenas, e outros cen de forma ocasional, e porque se están a provocar situacións de inseguridade”. Ao respecto, explicou que a humidade acumulada provocou a caída dunhas planchas do falso teito, “que por sorte non se produciu cando estaban as crianzas comendo”, e apuntou tamén que “é preocupante que teñamos pingueiras nunha aula chea de equipamentos informáticos”. Por iso, Compostela Aberta demandará no próximo Pleno que esta actuación sexa acometida xa durante as próximas vacacións do Nadal, “para que o comedor do CEIP quede en bo estado de cara á época de chuvias do inverno e da primavera”.

Ademais, na moción que defenderá María Rozas, ínstase ao Goberno local e á Consellería de Educación a colaborar na elaboración dun Informe de Avaliación do Edificio que acolle o CEIP López Ferreiro. A portavoz de CA lembrou que o inmoble “tén xa máis de 50 anos anos, e este tipo de informes van ser obrigatorios para todos os edificios residenciais desa antigüidade”. O obxectivo do documento, explicou, sería o de planificar e orzar as melloras e investimentos que require o colexio.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO DE SANTIAGO E A XUNTA DE GALICIA ATENDAN E SOLUCIONEN VARIAS URXENCIAS NO CEIP LÓPEZ FERREIRO

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo