María Rozas: “A día de hoxe, as persoas con discapacidade non ven garantido o seu dereito á mobilidade en Santiago”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía e a concelleira Marta Lois visitaron o centro da Asociación Sarela e recolleron as demandas da entidade para a mellor atención e integración das persoas con dano cerebral adquirido
  • Rozas advirte que “a pésima situación dos autobuses e a falta de taxis adaptados supón enormes dificultades no día a día destas persoas e das súas familias”
  • CA comprométese a impulsar medidas para avanzar na integración laboral das persoas con dano cerebral adquirid “con cláusulas sociais para a contratación desde o Concello e con procesos selectivos de persoal que inclúan ás persoas con discapacidades físicas, intelectuais e cognitivas”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeuse hoxe “a adoptar as medidas que sexan necesarias para garantir o dereito á mobilidade das persoas con discapacidade, porque iso supón facilitar a súa autonomía”. Despois de visitar as instalacións da Asociación de Dano Cerebral Sarela, María Rozas lamentou que “a precaria situación da flota de autobuses e a falta de taxis adaptados supoñen aínda máis trabas para o desenvolvemento e a inclusión destas persoas e incrementan notablemente as dificultades ás que se enfrontan as súas familias no seu día a día”. Ademais, a cabeza de lista de CA recolleu outras demandas da entidade, relacionadas coa participación e a inserción laboral do colectivo..

María Rozas e Marta Lois achegáronse á sede da Asociación de Dano Cerebral Sarela, onde puideron falar coas persoas usuarias e mantiveron unha xuntanza coa súa vicepresidenta, Concha Otero; o secretario, Luciano Fernández; e a directora do centro, Rocío García. Tanto as persoas usuarias como a directiva da entidade salientaron como unha das súas principais preocupacións o problema da mobilidade, “porque se a situación en Santiago é lamentable para o conxunto da cidadanía, éo máis para un colectivo con necesidades especiais como o das persoas con dano cerebral adquirido”. Nesa liña, María Rozas recolleu as queixas pola situación da flota dos autobuses “con vehículos que non están adaptados para as persoas con mobilidade reducida, porque ou ben non teñen rampas de acceso ou ben non funcionan de xeito correcto”. A iso engádese a falta de taxis adaptados, “absolutamente insuficientes para cubrir a demanda que existe”,

Necesidade de máis taxis adaptados

En Santiago hai 147 licenzas de taxi, das que só 7 son para eurotaxis, e destes só adoitan estar dispoñibles 5. É o mesmo número de taxis adaptados, 5, que están dispoñibles en Pontevedra, dun total de 89 licenzas de taxi. Para a candidata de Compostela Aberta “é urxente impulsar medidas para fomentar a implantación de máis eurotaxis, tales como axudas para a adquisición destes vehículos como as que funcionan xa noutras cidades galegas como Pontevedra, Vigo ou A Coruña”. Ademais, Rozas sinalou que “o Concello tamén pode estudar a creación de novas licenzas, coa obrigatoriedade de que sexan adaptadas, tendo en conta ademais a situación que vivimos ao longo deste ano de dificultades para acceder ao servizo”. Nese sentido, Rozas sinalou que “durante semanas recibíronse moitas queixas pola ausencia de taxis nas paradas, e a falta de vehículos dispoñibles é a realidade á que se enfrontan cada día as persoas con mobilidade reducida”.

Tamén relacionado coa mobilidade, a asociación Sarela trasladou a demanda de incrementar o control do uso fraudulento de espazos de estacionamento reservados para persoas con mobilidade reducida e reclamou que se impulse a creación dunha tarxeta de estacionamento provisional para as persoas con dano cerebral adquirido mentres non teñan recoñecida a súa discapacidade, “un proceso que pode demorarse máis dun ano, e que supón unha enorme dificultade para que estas persoas accedan a outros servizos e axudas”.

Mellora dos servizos municipais e integración laboral

María Rozas tamén recolleu as demandas de Sarela sobre a necesidade de que o Concello se comprometa “para garantir a pronta atención ás persoas con dano cerebral adquirido nos servizos sociais municipais, promova campañas de sensibilización, e atenda ao seu dereito a participar das actividades de lecer e de cultural, promovendo a eliminación de barreiras tanto físicas como sensoriais e intelectuais”. 

Por último, a candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeuse a impulsar medidas para avanzar na integración laboral das persoas con discapacidade e dano cerebral adquirido, “non só a través das cláusulas sociais para garantir a contratación con empresas integradoras, senón tamén nos procesos de contratación de persoal que sexan impulsados desde a propia administración municipal”. Ao respecto, María Rozas recoñeceu “que é preciso seguir dando pasos para a inclusión de persoas con diferentes discapacidades, non só físicas senón tamén intelectuais e cognitivas”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo