María Rozas: “A pésima xestión de Bugallo afoga ao tecido asociativo e ao deporte base de Santiago”

A portavoz de Compostela Aberta denuncia que o Goberno ten un millón de euros pendentes de pago de subvencións de 2022 “e os beneficiarios terán que presentar nova documentación caducada polos atrasos administrativos”
  • Rozas lamenta que o Concello non obtivera os fondos europeos anunciados para a reurbanización do Restollal, “nun novo exemplo de que Bugallo está para a propaganda e non para resolver problemas”

A portavoz municipal de Compostela Aberta denunciou hoxe que o Goberno local ten pendente de pagar un millón de euros de subvencións correspondentes a 2022, a entidades deportivas e culturais, e a empresas de economía social. Para María Rozas, “esta é a mellor mostra do desinterese de Bugallo polo tecido asociativo, da incapacidade de xestión do seu equipo, e dos catro anos perdidos en Santiago”.

A portavoz de CA denunciou “a precaria situación na que o Goberno de Bugallo volve deixar ás entidades deportivas e culturais de Santiago pola súa pésima xestión e a súa incapacidade para resolver trámites que deberan ser ordinarios”. María Rozas explicou que no expediente de remanentes que o Goberno pretende aprobar en Pleno figuran máis de 730.000 euros para o pago de axudas correspondentes a 2022, “que as entidades beneficiarias non van poder cobrar xa ata o próximo mandato municipal”.

María Rozas lembrou que “Compostela Aberta xa denunciara reiteradamente que os prazos do Goberno para a convocatoria  das subvencións por concorrencia competitiva dificultaban enormemente  o traballo das entidades, e o expediente dos remanentes confírmao”. A portavoz municipal de CA explicou que son máis de 730.000 euros os que están pendentes de pago, dos que a maior parte corresponden ás subvencións por concorrencia competitiva que están á espera de cobrar máis de 50 entidades deportivas de Compostela. María Rozas explicou que a situación é moi grave “porque estamos a falar dun expediente que o Goberno prevé levar a Pleno o 10 de maio, e iso imposibilita que as axudas se cobren antes das próximas eleccións municipais”. A isto engádese, incidiu, “que a documentación que teñen presentada as entidades para xustificar as axudas tén unha caducidade de seis meses, polo que previsiblemente os beneficiarios veránse na obriga de facer novo papeleo para cobrar as subvencións, por culpa do atraso nos trámites do Goberno local”. 

Para María Rozas, “non hai xustificación para que o Goberno teña nesta situación ás entidades deportivas, que pechan as súas temporadas no próximo mes sen teren cobrado as axudas e coa preocupación de ter que realizar novos trámites para percibilas”. A concelleira lembrou que “o Goberno de Bugallo tropeza ademais dúas veces coa mesma pedra, porque os clubs xa sufriron o ano pasado un enorme atraso no cobro, que lles provocou importantes tensións nas súas contas”.

Reurbanización do Restollal

María Rozas tamén foi moi crítica hoxe co Goberno, tras coñecerse que non obtivo a subvención solicitara ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a reurbanización do Restollal. Esa axuda, con cargo aos fondos europeos Next Generation, cubriría 4,5 millóns de euros dos case 6,2 millóns nos que está orzado o proxecto. Para a portavoz municipal de Compostela Aberta, esta resolución “demostra  a incapacidade do Goberno, pero tamén resume á perfección un mandato no que tivemos máis propaganda que avances reais para Santiago”. Nesa liña, a concelleira recordou que “Bugallo anunciou varias veces a reurbanización do Restollal con grandes titulares na páxina web municipal, que casualmente non recolleu nada sobre a resolución pola que o proxecto quedou fóra do reparto das subvencións”.

Rozas pediulle a Bugallo que non siga enganando á veciñanza afirmando que a reurbanización do Restollal se vai levar a cabo sí ou sí, e que aclare como tén previsto financiar a actuación. Nesa liña,  cuestionou que o PSOE “non sexa claro coa veciñanza e faga ver que Santiago tén opcións aínda de acceder aos fondos europeos para a obra porque está en lista de agarda, cando a realidade é que hai 46 proxectos por diante que accederían aos fondos europeos antes do do Restollal no caso de incrementarse o crédito dispoñible para as subvencións”.

Contrato do transporte

A portavoz de Compostela Aberta tamén lle pediu ao alcalde que explique publicamente “que pasa coa licitación do transporte público, que segue sen estar iniciada de facto porque non foi publicada na Plataforma de Contratación, 11 días despois da súa aprobación na Xunta de Goberno”. María Rozas considerou “preocupante que escoitemos a Bugallo dicindo nos medios de comunicación que o expediente tén que volver pasar pola Xunta de Goberno, para realizar algunhas modificacións puntuais despois de que se solicitara unha revisión a fondo da documentación”. Para a concelleira, “esta é outra mostra de que as presas electorais do alcalde non son boas, e de que ao Goberno estálle podendo máis a ansia de sacar titulares que a de resolver de verdade os problemas de Compostela”.

Xestión da auga

María Rozas tamén se referiu á decisión acordada onte no Pleno da Corporación de Ames para a municipalización do servizo da auga. A portavoz de CA, que asistiu á sesión acompañada por Xan Duro e Miguel Penas, lembrou que “o goberno de Ames, cun alcalde socialista, levou ao Pleno a proposta despois de facer o que Bugallo non quixo facer en Santiago: estudar e comparar modelos para elixir o mellor para a veciñanza”. Para Rozas, “é evidente que o alcalde non quere coñecer os datos, porque todos os informes e todas as experiencias demostran que a xestión directa e a mellor opción”. Ao respecto, lembrou o caso de Valladolid, que en seis anos co servizo municipalizado fixo máis investimentos na mellora da rede que nos 20 anos anteriores de concesión privada. 

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo