María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

María Rozas asinou hoxe o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas con representación no Concello, que recolle os principais retos que terá que afrontar o novo Goberno que saia das urnas o próximo domingo. A candidata de Compostela Aberta salientou que “este acordo non pón o foco só nas grandes infraestruturas, senón tamén en cuestións que lle afectan á vida diaria da xente,  sobre as que CA leva falando xa desde o pasado mandato, como poden ser a vivenda ou a necesidade de apostar por un modelo turístico máis sostible”. Rozas agradeceulle ao Foro Cívico “o seu esforzo por impulsar este documento, que demostra que Santiago se constrúe tamén desde a sociedade civil, e non só desde as administracións”.

O acordo asinado hoxe sinala como principais retos para os próximos anos a planificación do espazo destinado ao Hospital Clínico e o aparcamento neste ámbito, a falta de vivenda, o ciclo integral da auga, a estación de mercadorías da Sionlla, a industrialización, e a xestión dun turismo máis sustentable. O pacto foi suscrito polso candidatos e candidatas das catro formacións que teñen representación na actual Corporación municipal.

María Rozas salientou que “os asuntos que se sinalan neste acordo como prioritarios para Santiago son cuestións das que Compostela Aberta leva falando moitos anos, e é positivo que todas as forzas políticas recoñezan que a nosa cidade tén moitos retos máis alá das grandes infraestruturas recollidas no anterior pacto asinado en 2019”. Para a candidata de Compostela Aberta, “é boa noticia que todas as forzas asuman que o Concello debe afrontar o reto de garantir a convivencia entre veciñanza e turismo, que se poña o foco sobre a gobernanza do turismo, e tamén sobre a evidencia de que Santiago non pode vivir só do turismo senón que tén que impulsar unha industrialización que bote man, entre outras cuestións, do talento que emana da nosa Universidade”.  Do mesmo xeito, valorou positivamente que todas as forzas “mostren vontade de solucionar o problema que tén Santiago co saneamento e abastecemento de auga, que debe quedar solventado no próximo mandato”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo