María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027
  • María Rozas ocupará a primeira tenencia da alcaldía no Gobierno de coalición

María Rozas e Goretti Sanmartín asinaron hoxe as liñas xerais do acordo programático para os próximos anos, sobre as que se sustenta o pacto entre Compostela Aberta e BNG que permitirá que Santiago teña nos próximos anos “un goberno progresista, transformador, diverso e plural”. Rozas mostrou a súa satisfacción por este acordo “que lle dá cumprimento ao mandato das urnas do pasado 28 de maio, cando a veciñanza nos dixo que quería un Goberno de esquerdas e plural para afrontar os retos que tén por diante Santiago, e desde CA actuamos en consecuencia”.

María Rozas insistiu en que “hoxe é un día para felicitarnos por este acordo, que chega antes da toma de posesión da nova Corporación municipal, atendendo ao compromiso que expresou Compostela Aberta de non dilatar os tempos, porque sabemos que Santiago precisa un Gobierno estable desde o primeiro día”. A portavoz de CA, que ocupará a primeira tenencia de alcaldía no novo Goberno, mostrouse convencida de que “acadamos un bo acordo para Santiago, despois dunhas semanas de intenso traballo para garantir un pacto programático que atende aos principais retos que temos por diante”.

No documento asinado hoxe, Compostela Aberta e BNG comprométense a, desde o futuro goberno, impulsar a igualdade e o feminismo de xeito tranversal en todas as áreas de goberno; traballar para garantir todos os dereitos sociais para todas as persoas; fomentar a creación de emprego de calidade, os dereitos de conciliación e a diversificación económica en colaboración co tecido empresarial e sindical e establecendo sinerxias coa USC;  e a adoptar medidas a favor da sustentabilidade, da naturalización dos espazos urbanos, e do equilibrio territorial”. O próximo executivo tamén se compromete a exercer como capital do país eccomo plataforma de proxección internacional galega e a traballar en colaboración con outras administracións e institucións para conseguir recursos na defensa dos intereses de Santiago. 

Tal e como se sinala no documento asinado hoxe, a actuación do Goberno transformador 2023-2027 rexerase polos principios de cohesión, eficacia, lealdade e transparencia, en diálogo cos tecidos social e asociativo de Santiago, que será partícipe da toma de decisións estratéxicas para Compostela co obxectivo de incrementar a calidade de vida da veciñanza.

Documentación
relacionada
BASES DO ACORDO DE GOBERNO TRANSFORMADOR BNG-CA PARA 2023-2027
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo