María Rozas: “Bugallo anunciou un novo proxecto para a rotonda de Conxo en abril de 2021, e nunca máis se soubo”

  • A voceira de Compostela Aberta acusa ao alcalde “de incumprir a súa promesa de negociar con Fomento para a execución dos proxectos
  • CA pide información sobre un contrato de asesoramento na candidatura para a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, no que Bugallo gastou 18.000 euros

María Rozas pediulle hoxe ao alcalde que explique onde está o proxecto para a humanización da rotonda de Conxo que anunciou ter encargado hai xusto ano e medio, e que pasou coa súa promesa de mediar ante o Ministerio de Fomento para que se execute esta actuación longamente demandada pola veciñanza. A voceira de Compostela Aberta recordou que “en abril de 2021, o alcalde comprometeuse a asinar un convenio para que as obras foran asumidas polas administracións estatal e local, pero a realidade é que a día de hoxe nada se sabe do proxecto, nin aparece un só euro para a rotonda nos Orzamentos Xerais do Estado”.

María Rozas lamentou que Bugallo volva xustificar a ausencia da humanización da rotonda de Conxo nos Orzamentos Xerais do Estado, apelando ás dificultades técnicas do proxecto presentado no ano 2019. A voceira de CA lembrou que “das reticencias dos técnicos de Fomento, o alcalde xa falou o 9 de abril de 2021 nunha rolda de prensa na que anunciou ter encargado un novo proxecto para este ámbito, que ademais de humanizar a rotonda melloraría a conectividade entre as dúas partes do barrio divididas por esa infraestrutura”. Nesa comparecencia, indicou, Bugallo tamén afirmou que “conveniaría co Ministerio de Fomento para que cada administración asumira unha parte da actuación, pero nada sabemos nin do proxecto nin desas negociacións co Ministerio”. 

A voceira de CA urxiu a Bugallo a explicarlle á veciñanza de Conxo cales foron as xestións que realizou para conseguir que o Ministerio de Fomento cumpra un compromiso que adquiriu con Santiago xa durante o pasado mandato municipal. Para María Rozas, “resulta lamentable que o alcalde responda ás queixas públicas dos veciños e veciñas polo atraso na humanización da rotonda afirmando que xa se realizaron moitos investimentos no barrio, máis aínda cando debera ser consciente do malestar que existe en Conxo pola execución e os remates da actuación da praza”.

Candidatura para a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial

María Rozas tamén lle volveu pedir explicacións ao alcalde sobre as xestións feitas polo Concello para que Santiago sexa a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial. A portavoz municipal de Compostela Aberta denunciou que o Goberno realizou un contrato menor a unha empresa para prestar o servizo de asistencia na candidatura, cun orzamento de 18.000 euros, “e nesta mesma semana coñecimos que Bugallo negociou coa alcaldesa da Coruña para que integrara a Compostela na súa candidatura para compartir a sede, unha petición que desbotou Inés Rey”. Para Rozas, “é difícilmente xustificable que se realice ese gasto de recursos públicos, ao tempo que se intenta pactar con outra cidade que aspira tamén a ser a sede da AESIA”. Compostela Aberta rexistrou hoxe mesmo unha solicitude de información para coñecer en detalle o traballo realizado pola empresa contratada para asesorar no proceso de presentación da candidatura de Santiago para ser a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial. 

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo