María Rozas: “Bugallo debe explicar por que duplicou o gasto en contratos menores”

A concelleira de Compostela Aberta denuncia que os informes da Conta Xeral de 2020 evidencian “a mala xestión dos autoproclamados bos xestores”

 María Rozas denunciou hoxe que os informes da Conta Xeral de 2020 “poñen unha vez máis en evidencia a gran falacia de Bugallo e do seu goberno como o dos grandes xestores, e demostran que o PSOE fai cando goberna o contrario do que predica cando é oposición”. A concelleira de Compostela Aberta referiuse, en concreto, á memoria sobre os procedementos de adxudicación dos contratos municipais, que recolle que o ano pasado “o Goberno local gastou case oito millóns de euros en contratos menores, os de adxudicación directa, o dobre do que gastou o Goberno de CA en 2018 e que, naquela altura, aos socialistas lles resultaba escandaloso”.

A memoria sobre os procedementos de adxudicación dos contratos municipais incluída na Conta Xeral de 2020 recolle que o ano pasado o Concello de Santiago realizou contratos por valor de 24,9 millóns de euros. Desa cifra, 7.919.857 euros foron adxudicacións directas, o que equivale a case o 33% do total. María Rozas lembrou que, tal e como se recolle na Conta Xeral de 2018, “no último exercicio completo no que gobernou Compostela Aberta as adxudicacións directas foron de 4,1 millóns de euros, o 18,4 % do total de contratos de 2018”.

Para María Rozas, eses datos “evidencian en primeiro lugar que non existiu un abuso dos contratos menores por parte do Goberno de Compostela Aberta, tal e como durante o pasado mandato quixo facer ver a oposición, tamén o PSOE, con cifras que quedaron na metade do que está a gastar o executivo socialista en adxudicacións directas”. Ademais, a concelleira lembrou que “o propio Bugallo asegurou durante a campaña electoral que os gastos en contratos menores por parte de CA evidenciaban incapacidade de xestión, polo que o alcalde debe agora explicar por que non reduciu esas adxudicacións directas senón que as duplicou ao longo do ano pasado”. Rozas advertiu que “o PSOE non pode escudarse tamén na Covid para xustificar estes datos, porque os contratos menores relacionados coa crise do coronavirus non explican o incremento do gasto tal e como se pode comprobar nas relacións publicadas na páxina web municipal”. A concelleira apuntou, ademais, que “nos dous primeiros trimestres de 2021 o Goberno de Bugallo xa leva gastados máis de dous millóns de euros en contratos menores, mentres segue sen darlle cumprimento ao Plan de Contratación aprobado hai máis dun ano e mentres segue levantando reparos para pagar facturas de servizos prestados sen contrato”.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo