María Rozas: “Bugallo non lle sacou nin un só compromiso firme a Rueda, só 24 horas despois de coñecer uns orzamentos que menosprezan a Santiago”

  • A portavoz de Compostela Aberta lamenta que Xunta e Concello agardaran a que estea en marcha a ampliación do CHUS para empezar a estudar melloras na mobilidade
  • A concelleira lembra que o PSOE “mudou a súa postura sobre a taxa turística hai un ano, pero non foi quen de concretarlle unha proposta a Rueda”

“En só 48 horas, coa presentación dos orzamentos autonómicos de 2023 e coa reunión entre Alfonso Rueda e Bugallo, quedou constatado o menosprezo da Xunta por Santiago e a nula capacidade de presión do alcalde compostelán en defensa dos intereses da capital galega”. É a valoración da portavoz municipal de Compostela Aberta, María Rozas, tras coñecerse os presupostos do vindeiro ano “que esquecen todos os compromisos e todas as necesidades de Santiago”, e despois da xuntanza que mantiveron o presidente da Xunta e o rexedor santiagués “que non foi máis que unha declaración de intencións, cun claro pacto de non agresión, que en nada vai beneficiar á veciñanza de Compostela”.

María Rozas mostrou a súa decepción despois da reunión entre o presidente da Xunta e o alcalde de Santiago, “que non se traduciu en ningún compromiso firme, máis alá de que Rueda di que estudará algunhas peticións sobre as que xa debera ter unha posición avanzada, por seren temas que levan moitas semanas, mesmo anos, na axenda”. A voceira de CA preguntouse se esta indefinición “responde á intención do presidente da Xunta de botar balóns fóra, ou pode atribuirse a que Bugallo non fixo os deberes e non acudiu á reunión coas súas demandas suficientemente definidas e concretadas”.

Aparcamento do Clínico 

A portavoz municipal de Compostela Aberta cualificou de “cortina de fume electoralista” o anuncio de que Xunta e Concello asinarán un convenio para solucionar os problemas de accesibilidade e mobilidade no CHUS. Para María Rozas, “é incomprensible que Rueda e Bugallo falen ainda de estudar as necesidades de aparcamento do Clínico e de posibles mudanzas nos seus accesos cando xa está en marcha a licitación da ampliación do Hospital”. A concelleira lamentou que o alcalde, “se percate agora, transcorridos máis de tres anos de mandato, dunha necesidade que o seu predecesor Martiño Noriega puxo reiteradamente sobre a mesa de Feijóo desde o ano 2018, que o propio Sergas recoñeceu no Plan Funcional para a ampliación do CHUS que aprobou en marzo de 2019, e que el quixo maquillar ao longo do último ano, afirmando que había que elixir entre máis quirófanos ou prazas de estacionamento”.

Ademais, María Rozas considerou “pouco tranquilizador” que Bugallo presuma dun convenio que dirá que a Xunta non se opón a participar no tema do aparcamento do Clínico e o Concello non se opón a participar no tema dos accesos ao hospital, “porque iso non equivale en absoluto a que Rueda se comprometera a financiar a construción do parking, como sí fixo noutras cidades galegas que están tamén en proceso de ampliación dos seus hospitais, como é o caso da Coruña. Para a portavoz de Compostela Aberta, “a día de hoxe segue sendo unha incógnita se haberá novo estacionamento para o CHUS e, no caso de que chegue a habelo, non sabemos quen vai pagar e se estará listo para cando remate a ampliación do hospital, en 2026”.

Taxa turística

En relación á taxa turística, María Rozas volveu felicitar a Bugallo “por terse autoemendado, trasladándolle ao presidente da Xunta unha petición que tamén fora formulada xa en 2017 polo alcalde Martiño Noriega, e coa que el e o PSOE foran moi críticos”. Ao mesmo tempo, foi moi crítica porque “non se entende que o rexedor non fora cos deberes feitos á reunión con Rueda, que lle pediu unha proposta máis concreta sobre a taxa”. Rozas lembrou que “o cambio de postura do PSOE sobre a taxa turística remóntase a outubro de 2021, e neste ano o Goberno de Bugallo tivo moito tempo para concretar a súa proposta”. A concelleira de Compostela Aberta mostrouse moi escéptica sobre os prazos para a implantación da taxa, “porque o alcalde di que precisa tres meses para elaborar unha proposta, e temos moitas mostras de que cando Bugallo di tres meses poden ser tres anos”.

Orzamentos autonómicos de 2023

Do mesmo xeito, María Rozas tamén considerou “un brinde ao sol” o anuncio de que a Xunta podería estudar un incremento da partida da capitalidade, “porque se tivera esa vontade non tería presentado uns orzamentos autonómicos de 2023 que conxelan esa achega, e que apenas incrementan a dotación para o Consorcio, constatando que Santiago non verá eses 280 millóns de investimentos comprometidos hai máis dun ano polo Real Padroado”.

Para María Rozas, a reunión entre Bugallo e o presidente da Xunta foi “unha oportunidade perdida para fixar compromisos concretos con Santiago, pero tamén para que Alfonso Rueda asumira a necesidade de mellorar as partidas dos orzamentos autonómicos de 2023 en relación á capital galega”. A concelleira de CA insistiu en que “alén da ampliación do Hospital Clínico, non hai partidas importantes para Compostela, e iso demostra o menosprezo da Xunta, e tamén a nula capacidade de presión dun alcalde, Bugallo, que leva tres anos  de mandato presumindo dunhas supostas magníficas relacións co Goberno galego que non se están traducindo en ningunha ventaxa para a veciñanza”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo