María Rozas: “Bugallo promételle investimentos á veciñanza, pero non traballa para presentar uns orzamentos que os inclúan”

A portavoz de CA acusa ao alcalde de “procurar permanentemente escusas para xustificar a súa incapacidade para elaborar unha proposta que tería que negociar cos grupos da oposición” 
  • María Rozas pediulle ao alcalde que “sexa honesto coa veciñanza, e que explique que sen novos presupostos non se poderán nin iniciar os trámites para desenvolver a maioría dos seus anuncios”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta acusou hoxe ao alcalde de “levar semanas nunha precampaña na que non deixa de anunciar investimentos en diferentes barrios, que non van pasar de promesas electorais porque semella que o Goberno non intentará aprobar uns novos orzamentos para 2023”. María Rozas pediulle ao alcalde que “sexa honesto coa veciñanza, e que explique que sen novos presupostos non se poderán nin iniciar os trámites para desenvolver a maioría dos seus anuncios”. Ao tempo, reclamoulle que “deixe de poñer escusas para demorar as contas municipais, porque esa estratexia xa a coñecemos dos anos anteriores e a estas alturas xa todas sabemos que se non empeza a falar dos orzamentos é porque non son capaces nin sequera de elaborar unha proposta”.

María Rozas foi moi crítica hoxe coas últimas declaracións do alcalde en relación ao proceso de elaboración dos orzamentos de 2023, dos que nada sabemos aínda a mediados do mes de novembro. Para a portavoz de CA, “non ten sentido que o alcalde se escuse na suba das tarifas da electricidade, porque iso é algo que lle afecta a todos os concellos, e hai moitos en todo o Estado que presentaron os seus orzamentos para 2023”. A concelleira lembrou que “Bugallo parece ser sempre o alumno menos avantaxado entre todos os alcaldes, porque continuamente pón escusas para xustificar a incapacidade do seu Goberno que non lle afectan a outros, nin para sacar adiante os orzamentos nin para resolver as licitacións”. Nesa liña, insistiu en que “o PSOE nunca empezou en tempo e forma a negociar uns orzamentos cos grupos da oposición, e salva a súa imaxe precisamente pola nosa actitude responsable cos intereses da cidade”.

Promesas que vai incumprir

Para María Rozas, é preocupante que Bugallo diga que “será difícil sacar adiante os orzamentos de 2023, porque sería neses orzamentos nos que tería que incluír todos os proxectos que leva semanas prometéndolle á veciñanza na súa particular precampaña electoral”. A portavoz de CA pediulle ao alcalde “que nesas reunións que está a manter in extremis con colectivos e asociacións ás que non atendeu ata agora, debera aclarar que as súas promesas dependen da aprobación duns presupostos que, polo que di, nin tén moita ansia de elaborar, e menos ainda de negociar cos grupos da oposición”. Rozas concluiu sinalando que “é evidente que Bugallo leva xa semanas sen traballar de alcalde e traballando de candidato, e prefire facer promesas que tramitar uns orzamentos que Santiago precisa, esteamos ou non en ano electoral”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo