María Rozas

Polo que importa

Quen é María Rozas?

Pois son unha picheleira de nacemento, de vocación e de corazón. Unha veciña do Ensanche compostelán, onde seguro que nos temos cruzado a míudo. 

Tamén son nai de dúas nenas pequenas. E elas son un dos principais motivos polos que decidín dar o paso para presentarme ás eleccións municipais. Porque quero un Santiago mellor para elas. Un concello de igualdade de oportunidades, moderno, cheo de vida e de futuro. Ese Santiago que queremos máis, centrado nos coidados, que coide das crianzas, dos maiores e que tamén coide a quen nos coida.

En canto a estudos e traballo, licencieime en Ciencias Políticas, Master en Estratexias e Políticas de Cooperación ao desenvolvemento pola Universidade de Santiago e son consultora de xestión económica para Administracións Públicas.

Ademais, no mandato 2015-19 fun tenente de alcalde durante o goberno de Martiño Noriega e Concelleira de Economía e Facenda. Alí estiven na ‘sala de máquinas’ do Concello. Xa sei que pode non parecer moi emocionante, pero que aí tamén está o latexo para que os proxectos e as políticas de futuro en Santiago se fagan realidade.

E agora que xa me coñeces algo mellor, podes preguntarme o que queiras ou axudarme a facer un Santiago mellor. Podes poñerte en contacto con nós no noso local na Rúa das Casas Reais, a través das nosas redes sociais ou falar con nós polo whatsapp de Compostela Aberta. Agardámoste!

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo