María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”
  • A candidata sinala que “CA non renuncia a gobernar, non renuncia a ser a ferramenta dos veciños e veciñas que queren participar nas decisións e que estiveron ignorados nos últimos catro anos”

“Santiago non pode retroceder ao pasado cun goberno do PP, pero o seu futuro non o pode escribir Bugallo”. Díxoo hoxe María Rozas, no acto de presentación pública da lista coa que Compostela Aberta concorre ás eleccións municipais do 28 de maio. A candidata á alcaldía insistiu en que “CA é un espazo de esperanza, é a garantía de que na capital galega se desenvolvan políticas progresistas, é a mostra de que outra maneira de estar na política é posible, e é o exemplo de que se pode gobernar dándolle voz á veciñanza”.

A Sala Capitol acolleu esta tarde a presentación pública da candidatura completa de Compostela Aberta, á que asistiron numerosos representantes do tecido asociativo e veciñal de Santiago. No acto tamén se deron a coñecer algunhas das claves do programa electoral de CA, “un programa que nace de escoitar á veciñanza, que é o reflexo do modelo de cidade que levamos oito anos defendendo, e que está cheo de propostas transformadoras que só se van facer con Compostela Aberta”. 

María Rozas reiterou o seu orgullo por encabezar unha candidatura “que evidencia o enorme capital humano e político de Compostela Aberta, unha lista que combina experiencia institucional con participación no movemento asociativo que constrúe Santiago, no activismo veciñal, social, cultural ou sindical”. Tamén salientou a presenza na candidatura dos exconcelleiros do Goberno de CA e de Martiño Noriega, “porque toca reivindicar o traballo feito no pasado mandato, do que debemos sentirnos orgullosas malia os erros; toca lembrar que sen Compostela Aberta non teriamos estación intermodal, nin nova EDAR, nin renda de garantía básica, nin regulación dos pisos turísticos, nin Casa das Mulleres Xohana Torres… porque os anos de Compostela Aberta non foron anos perdidos, foron anos de avances como serán os que están por vir”.

Compostela Aberta, ferramenta dunha veciñanza que quere decidir 

María Rozas lembrou que “Compostela Aberta naceu para devolverlle a dignidade a Santiago despois do nefasto goberno dos tres alcaldes do PP, e agora non permitiremos un regreso a 2011, porque o Partido Popular nunca é unha boa opción e non nos deixamos enganar polas súas promesas inviables”. A candidata de Compostela Aberta advertiu que “o futuro de Santiago tampouco o pode escribir Bugallo, porque xa nos chegou este mandato para asistir á caída do mito dos bos xestores e para sufrir os retrocesos en materia de diálogo, participación e transparencia”. Rozas mostrouse convencida de que “Compostela  Aberta é o único espazo para a esperanza, somos a ferramenta dos veciños e veciñas que queren participar da vida do seu concello, que queren opinar sobre en que se gastan os cartos que son de todas, que queren decidir o seu futuro”

Políticas valentes, sen ataduras

María Rozas insistiu en que “Compostela Aberta non renuncia a gobernar para poñer en marcha políticas valentes que ningunha outra organización vai impulsar, porque somos os únicos que non temos ataduras”. Nesa liña, adiantou que “non renunciamos a recuperar a xestión da auga, non por unha cuestión ideolóxica, senón porque os datos e as experiencias doutras cidades demostran que é o mellor para a veciñanza; e non renunciamos a seguir avanzando nun modelo turístico sustentable, non pola turismofobia da que nos quixeron acusar, senón porque queremos un Santiago que poida ser vivido”

A candidata de CA tamén puxo o foco na necesidade de apostar no próximo mandato “por un Santiago para vivir e ser vivido, por unha cidade coidadora, que volva ser o epicentro do feminismo, que recupere o seu pulo cultural, e no que se volva falar de medio ambiente”.  

Candidatura

1.María Rozas Pérez

2. Xan Duro Fernández

3. Comba Campoi García

4. Miguel Penas Rodríguez

5. Graciela Carro Asorey

6. Javier García Pérez

7. Marisa Álvarez Garea 

8. Jaime Bello González

9. Luisa Pasín Mato

10. Marta Lois González

11. Pilar Gil Romero

12. Flora Miranda

13. André Seoane

14. Eli Cabeza

15. Antonio Pérez Casas

16. Natalia Paleo

17. Josinho Mera

18. Soledad García Río

19. Rafa Peña

20. Noa Morales

21. Manolo Dios

22. Concha Fernández

23. Carminha Naveiro

24. Marilar Aleixandre

25. Martiño Noriega

SUPLENCIAS

  1. Mariajo Bóveda,
  2. Iván Rodríguez
  3. Rocío Núñez
  4. Jesús Ribeira
  5. María Gigirey
  6. Pablo Souto
  7. Cristina Amor 
  8. Pili Pérez
  9. Antía Soto
  10. Carlos Pardo
Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo