María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA
  • “Polo que importa”, lema electoral de Compostela Aberta “que é a candidatura da xente, que non entende a política sen escoitar e ir da man dunha veciñanza que se sente esquecida e apartada”

“Compostela Aberta é a candidatura da xente, estamos aquí polo que de verdade lles importa aos veciños e veciñas, sen ataduras e sen hipotecas, e por iso non renunciamos a nada”. Así o dixo hoxe a candidata de CA á alcaldía, durante o acto de apertura da campaña electoral. María Rozas, que estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega e por boa parte da lista, reiterou que “Compostela Aberta é o espazo da esperanza para unha veciñanza que quere que se goberne doutra maneira, que está farta de non ser escoitada e que quere ter un papel activo na construción do Santiago do futuro”.

Compostela Aberta comezou a campaña cun acto nas Casas Reais, ao carón do local electoral de CA, no que se descubriu o cartel e o lema electoral: “Polo que importa”. Na súa intervención, María Rozas lembrou que “Compostela Aberta está afeita a escoitar, lévao facendo desde 2015, e por iso sabemos ben que é o que lle preocupa á veciñanza, que é o que lle importa á cidadanía de Santiago, e por iso é polo que estamos aquí”. “Queremos que Santiago sexa un concello coidado e que nos coide; que todos os veciños e veciñas atopen en Compostela unha vivenda que poidan pagar; que ningunha persoa quede atrás pola falta de recursos; que a veciñanza do rural se sinta parte de Santiago; e que volvamos ser a capital cultural que fomos”, sinalou a candidata.

Valentía e honestidade

María Rozas incidiu en que “Compostela Aberta non renuncia a nada, non renuncia a gobernar coa honestidade e a valentía que só temos nós, que demostramos estando no Goberno e tamén estando na oposición, e que fan que sexamos o único garante de que en Santiago se impulsen políticas verdadeiramente transformadoras”. Nese sentido, a cabeza de lista advertiu que “CA non permitirá que Compostela volva aos anos negros do Partido Popular, pero tampouco se conforma cos anos grises de Bugallo, porque a nosa cidade merece moito máis”. Por iso, insistiu, “afrontamos esta campaña con todas as forzas, con todas as ganas e con toda a ilusión, sabendo que sodes moitos e moitas os que empurrades, porque estades fartas dun goberno que non escoita, e que se pón permanentemente de costas á veciñanza”

Unha candidata comprometida

No acto de inicio da campaña tamén participou o excalde Martiño Noriega, que salientou de María Rozas “a súa capacidade e o seu compromiso con Santiago”. O número 25 da lista de CA insistiu en que “a candidata de Compostela Aberta é garantía de solvencia, de seriedade, de diálogo”. Para Martiño Noriega, “María Rozas e Compostela Aberta son a única esperanza para o Santiago do futuro, para a Compostela que queremos”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo