María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega
  • Yolanda Díaz pide o voto para que “María Rozas sexa a primeira alcaldesa de Santiago, porque é unha muller preparada, feminista e que sempre pula polo ben común”

María Rozas pediu hoxe o apoio nas eleccións do domingo “a todas as persoas que queren un Santiago moderno, acolledor, que recupere a súa vitalidade e que estea na vangarda das políticas progresistas, porque iso é algo que só pode garantir Compostela Aberta”. A candidata de CA reinvidicou que “somos o voto útil para non volver aos anos negros do PP, pero tamén para sair da inercia na que Bugallo ten sumido ao Concello”.

Compostela Aberta celebrou esta noite na Sala Capitol o seu acto central de campaña, no que María Rozas estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega, os homes e mulleres da candidatura, e ducias de veciños e veciñas. A candidata á alcaldía reivindicou que CA “é o verdadeiro voto útil para impulsar politicas progresistas en Santiago, porque temos a valentía para abrir debates que outras formacións evitan, e temos a experiencia para aplicalas desde o Goberno”. 

Propostas para a xente, e non para os titulares

María Rozas defendeu o modelo de cidade “realista, serio e reflexionado” que propón Compostela Aberta, “fronte á carreira electoralista na que están caendo outros candidatos, que só aspiran a gañar titulares e espazo nos medios de comunicación con proxectos millonarios que non lles pediu ninguen e que non mellorarán a vida da xente”. A candidata incidiu en que “o que os veciños e veciñas reclaman é que Santiago recupere a súa vitalidade, que se sexa unha cidade para as familias e na que se poida acceder a unha vivenda a prezos asumibles”. Nese sentido, defendeu “os importantes pasos dados por Compostela Aberta para que hoxe teñamos aprobada unha regulación dos pisos turísticos, unha decisión que fixo que suframos moitas presións que non sofren outras formacións que preferiron manterse na comodidade da equidistancia”. Tamén se referiu ás Políticas Sociais, “que están no ADN de CA, que no pasado mandato impulsou medidas pioneiras que Bugallo está deixando esmorecer porque o seu modelo non difire moito do do PP, e aí está o muro para expulsar ás persoas sen fogar de Xoán XXIII”.

“Fomos vítimas dunha estafa”

A candidata de Compostela Aberta reivindicou o traballo feito no pasado mandato “fronte aos que quixeron facer ver que Santiago se convertera da man do noso goberno nun lugar escuro e sinistro, fronte aos que nos venderon un salvador da cidade que catro anos despois resultou ser unha absoluta decepcion”. María Rozas mostrouse convencida de que “hoxe moitos veciños e veciñas son conscientes do que pasou aquí, de que vivimos unha estafa, porque os que viñan como bos xestores non conseguiron mellorar absolutamente nada en Santiago e sí empeoraron moitos indicadores, mesmo os económicos”.

María Rozas pediu o apoio nas eleccións do domingo a todas as persoas “que non queren volver aos anos negros do PP, pero que tampouco se conforman cun alcalde do pasado”. A candidata de Compostela Aberta reiterou que “CA é o verdadeiro voto útil para garantir un Santiago progresista, no que os veciños e veciñas sexan protagonistas e non simples espectadores”

Apoio de Martiño Noriega e Yolanda Díaz

No acto central da campaña participou tamén Martiño Noriega, que pediu o voto para María Rozas “a candidata máis solvente, a mellor preparada, e a que representa un espazo de esperanza para Santiago”. 

Ademais, escoitouse unha mensaxe de apoio da vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz, que lle pediu aos veciños e as veciñas “que se mobilicen para convertir a María Rozas na primeira alcaldesa de Santiago, porque é unha muller profesional, feminista e que pula polo ben común, como o fai un espazo que é de todos e de todas como é Compostela Aberta”.

No transcurso do acto, as persoas que fan parte da candidatura responderon ás preguntas enviadas por persoas recoñecidas de Santiago como a historiadora Encarna Otero, o atleta Amador Pena, o responsable da Plataforma para o Emprego Miguel Fernández; o arquitecto Ignacio Cerrada; a escritora Patricia Janeiro ou a feminista Pilar Estévez.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo