María Rozas: “Existe un serio risco de que non dean as contas na licitación do servizo de conserxería e limpeza de instalacións deportivas”

A portavoz de Compostela Aberta explica que “o estudo económico que ampara a licitación non tén en conta o acordo para o incremento salarial nos anos 2023, 2024 e 2025”

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle hoxe o Goberno “que revise a licitación o servizo de conserxería e limpeza de instalacións deportivas, ante o risco de que o procedemento derive na perda dos dereitos dos traballadores e traballadoras e nun posible conflito laboral”. María Rozas explicou que o estudo económico no que se basearon os pregos para a licitación “non está actualizado, porque non inclúe as subas salariais acordadas por sindicatos e empresas para os próximos tres anos”. Iso, sinalou, “vai facer que á adxudicataria non lle dean as contas, e tememos que o probema o acabe pagando o persoal do servizo”.

A concelleira pídelle ao Goberno que avalíe a situación “para garantir os dereitos dos traballadores e traballadoras e evitar posibles conflictos laborais na contrata nos próximos anos”

A Xunta de Goberno aprobou o pasado 17 de outubro o inicio de licitación do servizo de conserxería e limpeza en varias instalacións deportivas do Concello de Santiago, cun tipo de licitación de case 2,3 millóns de euros e por un prazo de dous anos. O prazo para a presentación de ofertas remata mañá, e xa está convocada a primeira mesa de contratación para o próximo venres. María Rozas explicou que o estudo económico para a licitación foi realizado por unha consultora externa en maio deste ano. Tal e como especifica o informe da concellería de Deportes ao respecto “na súa elaboración, tivéronse como referencia os convenios colectivos que se están a aplicar na actualidade (ambos vixentes) así como, a listaxe do persoal facilitado pola actual empresa adxudicataria de data 23 de marzo de 2022”. A voceira de Compostela Aberta indicou que con posterioridade a ese informe económico, o 31 de outubro, a comisión paritaria do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da comunidade autónoma de Galicia asinou un acordo en materia salarial “que agora non está contemplado no prego, e que podería poñer en risco a viabilidade da licitación”.

A absoluta perda de credibilidade de Bugallo, que vai de incoherencia en incoherencia tras a saída do concelleiro Javier Fernández

O acordo asinado en outubro púxolle fin ao conflito entre sindicatos e empresas do sector sobre a interpretación do artigo 45 do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios de Galicia, relativo aos incrementos salariais. No acordo orixinal establecíanse subas salariais do 2,5 % para 2021 e do 2,9% para 2022, “incrementos que serían revisados conforme ao IPC”. A comisión paritaria celebrada o mes pasado chegou a un acordo para que os incrementos salariais do convenio colectivo sexan do 6,5% para 2021, abonándose os atrasos antes do 30 de xuño de 2023; e do 2,9% para 2022, unha actualización que se fará efectiva na nómina deste mes de novembro, mentres que os atrasos xerados de xaneiro a outubro abonaránse antes do 30 de xuño de 2024. 

Os incrementos para os anos 2021 e 2022 están contemplados no estudo económico da licitación, pero ese informe non tén en conta as subas establecidas para os seguintes exercicios: 3,6% para 2023, 4% para 2024 e 4% para 2025. María Rozas explicou que “tendo en conta que a primeira mesa de contratación está prevista para o venres 25 de novembro, o novo contrato non será asinado ata 2023 e, polo tanto, o seu período de vixencia cadra cos incrementos salariais que están aprobados e incorporados ao convenio colectivo, pero que non foron contemplados nos pregos”.

María Rozas urxiu ao Goberno a “estudar as consecuencias que puidera ter nesta licitacion o acordo acadado entre sindicatos e empresas”, e lamentou “a escasa capacidade de reacción do Goberno, tendo en conta que ese acordo foi asinado o 31 de outubro, só 14 días despois do inicio da licitación e 24 días antes de que finalizara o prazo para a presentación de ofertas e habida conta, ademais, de que CA xa lle advertira ao Goberno das negociacións que estaban en marcha”. Para a portavoz municipal de Compostela Aberta, “o Goberno tivo tempo de tramitar unha revisión dos pregos, antes de arriscarse a que a licitación desemboque nun novo conflicto laboral no Concello de Santiago nos próximos anos e, sobre todo, na falta de garantías para os traballadores e traballadoras con respecto aos seus dereitos laborais”. 

Crise no Goberno

Na rolda de prensa de hoxe, a portavoz de Compostela Aberta tamén se referiu á crise aberta no Goberno de Bugallo, tras a dimisión do concelleiro Javier Fernández. María Rozas insistiu en que o acontecido “remata coa credibilidade do alcalde, que durante meses rexeitou as queixas da veciñanza e dos grupos da oposición con respecto á pésima xestión do edil e que agora recoñece que xa antes do verán tiña decidido retirarlle competencias”. Do mesmo xeito, sinalou, “Bugallo negou os problemas en centros socioculturais que agora asume, e tamén rexeitou as críticas de CA sobre  baixa execución das obras e o risco de non cumprir os prazos para os fondos europeos, que agora tamén asume”. Ademais, a concelleira incidiu “na incoherencia continua de Bugallo, que primeiro falou de reforzar o departamento de centros socioculturais para xustificar a retirada de competencias a Javier Fernández; despois falou da necesidade de reforzar o departamento de Obras, e agora adxudícalle estas competencias a concelleiros con departamentos cargados de competencias”. Para Rozas, “nos últimos días quedou claro que Bugallo moveuse nos últimos meses pensando só en criterios electoralistas, e non no interese da cidade e da veciñanza”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo