APARCAMENTO DO CHUS

María Rozas: “No do aparcamento do Clínico, Bugallo e a Xunta do PP chegaron a un único acordo: non falar do problema ata despois das eleccións”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde fale agora de “traballo conxunto para adoptar unha decisión sobre o parking, cando a Xunta anuncia un estudo de mobilidade que o propio Bugallo consideraba innecesario ata hai uns días”

  • A concelleira pídelle ao alcalde que aclare se a Policía Local vai intervir no recinto hospitalario, tal e como onte lle reclamou a Xunta

A portavoz municipal de Compostela Aberta, María Rozas, foi hoxe moi crítica coa reunión celebrada onte entre o alcalde e a conselleira de Infraestruturas “anunciada para desbloquear o aparcamento do Hospital Clínico, pero que só serviu para que as dúas partes intentaran lavar a súa imaxe sen solucionar absolutamente nada”. A concelleira incidiu en que “é evidente que a reunión rematou sen acordos, e non hai mellor mostra diso que comparar as notas informativas difundidas por Concello e Xunta nas que, curiosamente, non se incluiu ningunha fotografía da xuntanza”. Para Rozas, “estamos asistindo á fin do romance entre Bugallo e a Xunta do PP, e a un novo episodio do uso partidario das institucións públicas, a só tres meses das eleccións municipais”.

María Rozas incidiu en que “ainda que Bugallo nos diga que acordou coa Consellería traballar conxuntamente para ter adoptada antes do verán unha decisión sobre a construción do novo parking, a realidade é que o único ao que se comprometeu a Xunta é a facer un estudo de mobilidade, estudo que o propio alcalde consideraba innecesario hai só unhas semanas porque, afirmaba, o problema de aparcamento no CHUS víase a simple vista”. A portavoz municipal de Compostela Aberta tamén cuestionou os prazos achegados na xuntanza de onte, “porque é unha tomadura de pelo que alcalde e conselleira de Infraestruturas adíen a toma de decisións sobre o aparcamento a dentro de catro meses, porque, como o propio Bugallo tén indicado, este é un problema urxente”. Para a concelleira, “é evidente que o que nos están a dicir Bugallo e Ethel Vázquez é que o tema do parking do CHUS falarase despois das eleccións municipais, que son dentro de tres meses”. Nesa liña, preguntouse “que vai pasar coa parcela que o Goberno local acordou en Xunta de Goberno cederlle á Consellería de Sanidade, que tén seis meses para aceptar ou non esa cesión”.

A portavoz de CA tamén lle pediu ao alcalde que aclare “como vai o Concello a colaborar na ordenación do tráfico e do estacionamento no recinto hospitalario, e se a Policía Local vai intervir neste ámbito, tal e como a Xunta lle requiriu onte”. Na práctica, sinalou María Rozas, “o que parece demandar o Goberno galego é que empecen as multas aos vehículos mal aparcados na contorna do Clínico, pero sen procurar ningunha solución para os usuarios do hospital”.

María Rozas insistiu en que “a actuación de Bugallo e da Xunta en torno ao novo aparcamento do Clínico está a ser esperpéntica, e as dúas partes veñen demostrando moverse por intereses que son totalmente alleos aos problemas da veciñanza”. A concelleira reiterou que “o alcalde tardou demasiado tempo en abandonar a súa sumisión ao Goberno de Feijóo, tardou demasiado tempo en reclamar o aparcamento vinculado ao hospital que a Xunta sí construiu noutras cidades, e tardou demasiado tempo en recoñecer que a proposta que Compostela Aberta levaba defendendo oito anos era a acaída para solucionar o problema do parking”. Ao tempo, insistiu, “o PP segue facendo un uso partidario da Xunta de Galicia, e do mesmo xeito que no pasado mandato se negou a construir o aparcamento que lle reclamou reiteradamente o alcalde Martiño Noriega, e agora dálle largas a Bugallo, mantendo a discriminación a Santiago”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo