María Rozas: “O Goberno empeorou a situación do tráfico en Lamas de Abade cunha actuación deseñada desde os despachos e non consensuada”

A portavoz de CA pídelle ao Goberno que acometa o proxecto de mellora da mobilidade elaborado pola ANPA do IES e apoiada pola comunidade educativa e a veciñanza do barrio “fronte a unha obra municipal que resultou contraproducente”

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Concello asuma o proxecto para a mellora da mobilidade e da seguridade viaria no contorno de Lamas de Abade que elaborou a ANPA do IES, e que conta co apoio dos outros centros educativos do barrio e da veciñanza do Castiñeiriño. A portavoz municipal de CA, María Rozas, sinalou que “esta actuación debe ser considerada prioritaria, e máis despois da actuación que vén de executar o Goberno de Bugallo e que non fixou outra cousa máis que empeorar a situación na zona”.

María Rozas explicou que Lamas de Abade presenta grandes problemas de mobilidade, por mor da concentración de varios centros educativos na zona: un CEIP, o IES Lamas de Abade, o Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, a escola infantil Raiola, e mesmo o Centro de Educación Especial que xestiona Aspanaes. No pasado mandato, aprobáronse dúas propostas para este ámbito ao abeiro dos Orzamentos Participativos: a pasarela peonil entre o CEIP e o CIFP, que foi executada; e a mellora dos accesos aos centros educativos, que foi orzada en 136.000 euros pero que quedou pendente da concesión de permisos necesarios por parte doutra administración. Xa neste mandato, o Goberno de Bugallo acaba de acometer unha actuación, que custou 85.000 euros, “que tal e como denuncia a comunidade educativa non mellorou a situación, senón máis ben todo o contrario”.

Actuación contraproducente do Concello

A portavoz de Compostela Aberta explicou que a actuación acometida polo Goberno centrouse nas proximidades á entrada do CIFP. A primeira medida foi a de prohibir o tráfico de subida desde a rúa Lamas de Abade ata rúa Divina Pastora pola rúa Chaparra, convertindo en peonil o tramo desta vía que discorre paralelo ao peche perimetral do Centro de Formación Profesional. A cambio, acondicionouse unha pequena rotonda na confluencia entre esas tres rúas, “nun espazo no que é imposible que os autobuses fagan o xiro sen maniobrar, coas complicacións que iso supón nunha zona escolar, e sobre todo nas horas punta de entrada e saída dos centros”. 

Proxecto da ANPA  do IES Lamas de Abade

Rozas explicou que a ANPA do IES Lamas de Abade ten encargado un proxecto para ordenar o tránsito rodado e peonil, que está orzado en case 166.000 euros e que contaría co apoio dos outros centros educativos e tamén da asociación veciñal do Castiñeiriño. A súa proposta pasa por permitir novamente o tránsito de subida pola rúa Chaparra, “acondicionando unha pequena pasarela peonil ata o CEIP, que requiriría a cesión de terreos do CIFP por parte da Consellería de Educación que, segundo sostén a ANPA, xa manifestou a súa dispoñibilidade”. Ademais, o proxecto prevé unha rotonda na confluencia das rúas Divina Pastora e Raiola, para axilizar a circulación neste punto no que coinciden os vehículos, sobre todo os autobuses, que se dirixen ao colexio de Infantil e Primaria, ao Instituto, ao xardín de infancia Raiola, e ao centro de Aspanaes. Tal e como propón a ANPA do IES, “esta actuación non só melloraría a mobilidade e a seguridade, senón que tamén permitiría dignificar o espazo público que rodea o cruceiro e a capela situados na zona”.

María Rozas reclamoulle ao Goberno que “atenda as peticións da ANPA do IES e do conxunto da comunidade educativa dos centros de Lamas de Abade, porque é evidente que os problemas de mobilidade non quedaron resoltos”. Para a portavoz de CA, “o acontecido nesta zona é unha moi boa mostra de que non se poden deseñar as obras desde os despachos, sen pisar rúa e sen falar cos colectivos que mellor coñecen as necesidades reais,  porque o resultado está sendo que o Concello gastou 85.000 euros de fondos públicos para non solucionar ningún problema e para crear algúns novos”.

PODES LER AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A MELLORA DA MOBILIDADE NA CONTORNA DO ‘CAMPUS’ DE LAMAS DE ABADE

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo