María Rozas: “O Plan de Contratación de 2022 é unha mestura entre a propaganda e o trilerismo do Goberno de Bugallo”

  • Dos 684 millóns de euros publicitados polo Goberno, 457 millóns de euros corresponden ao contrato a auga a 25 anos, e 130 millóns ao contrato do transporte “que o Goberno non foi quen de licitar en dous anos e pretende adxudicar agora en seis meses”
  • A concelleira de Compostela Aberta pídelle ao Goberno “que explique por que non presentou o Plan de Contratación de 2021 que asegurou ter moi avanzado en xuño dese ano, e por que aproba este documento xusto no día no que Marta Abal tería que dar explicacións no Pleno”

O Plan de Contratación de 2022 é o resultado e sumar unha cortina de fume co trilerismo que leva tres anos practicando o Goberno de Bugallo”. Así de contundente se mostrou hoxe María Rozas, que sinalou que “a concelleira de Facenda tropeza outra vez na mesma pedra, e presenta a bombo e platillo un documento que non é máis que propaganda, e que vén precedido do fracaso estrepitoso do anterior Plan de Contratación de 2020 que dous anos despois segue sen cumprirse”. Para a concelleira, “é certamente curioso que o Goberno aprobe este Plan xusto no día no que Marta Abal tería que comparecer no Pleno para render contas sobre a planificación da contratación, por unha solicitude que Compostela Aberta tén rexistrada desde o 19 de maio”.

María Rozas lembrou que Compostela Aberta solicitou en maio a comparecencia da concelleira de Facenda para dar conta do grao de cumprimento do Plan de Contratación de 2020 e para explicar os motivos polos que aínda non se presentaran os Plans de 2021 e 2022. Marta Abal aceptou esa solicitude no pleno do mes pasado, para comparecer na sesión ordinaria de xuño, pero por mor da ausencia de varios membros da Corporación a causa a Covid, finalmente non dará explicacións ata a sesión extraordinaria do 15 de xullo. Para María Rozas “é evidente que o Goberno axilizou a aprobación deste segundo Plan de Contratación, e o que fixo non foi máis que un power point que pón ainda máis en evidencia o fracaso do documento presentado hai dous anos”.

Goberno experto en propaganda

María Rozas cualificou de “propaganda” o documento aprobado hoxe “no que se fala de 150 contratos por un importe de case 684 millóns de euros, pero esquecen sinalar que, desa cifra, 457 millóns de euros son para o contrato da auga, cunha duración prevista de 25 anos”. Ademais, outros 130 millóns de euros son para o contrato do transporte urbano, “que o Goberno xa incluíu no Plan de Contratación de 2020 cunha dotación menor, 117 millóns de euros, e que dous anos despois ainda non foi quen de licitar, polo que moito nos tememos de que tampouco nos seis meses que quedan de ano poderá sair adiante”. Na mesma situación, incidiu, “atópanse outros contratos que figuraban no Plan de Contratación de hai dos anos, como o do alumeado público ou diferentes licitacións pendentes do departamento de Educación”.

Para Compostela Aberta, “o Goberno pretende enganar outra vez á opinión pública, e volve falar da creación de emprego e da reactivación económica grazas a este Plan de Contratación, do mesmo xeito que fixo en 2020 cando presentou un Plan de 800 millóns de euros que quedaron sen executar na súa maior parte”. Do mesmo xeito, Marta/María insistiu en que “o Plan de 2020 non cumpriu o que segundo a concelleira de Facenda era o seu primeiro obxectivo, que era limitar o número de contratos menores, e de feito en 2020 superáronse todos os records, con 8 millóns de euros de contratos menores adxudicados polo Goberno de Bugallo”

María Rozas reiterou que “Marta Abal e Bugallo seguen sen explicar cales foron os motivos polos que non presentaron un Plan de Contratación en 2021, cando no Pleno de xuño dese ano dixeron que o documento estaba a ser ultimado e ía ser moi ambicioso”, e seguen sen poñerlle cifras aos resultados do Plan de Contratación de 2020, “porque se anunciaron que ía crear emprego e reactivar a economía de Santiago, debemos saber en que medida se conseguiron os obxectivos marcados polo propio Goberno”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo