María Rozas: “Os orzamentos do Estado son bos no social, pero decepcionantes para Santiago”

  • A concelleira de Compostela Aberta pregunta “onde están os máis de 280 millóns dos que presumiu Bugallo tras a reunión do Real Padroado” e pide explicacións polo atraso nas previsións para a entrada en funcionamento da EDAR

“Positivos porque teñen un marcado carácter social, decepcionantes porque non inclúen compromisos concretos con Santiago”. Así se referiu María Rozas aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023, “que lamentablemente nos dan a razón: Bugallo segue vivindo da inercia dos proxectos desbloqueados polo Goberno de Compostela Aberta, e leva tres anos vendendo fume”. 

María Rozas incidiu en que Compostela Aberta fai unha valoración positiva dos Orzamentos do Estado porque teñen un marcado carácter social. A concelleira de CA explicou que “para nós non se poden valorar as contas únicamente polos investimentos en cemento, porque hai cuestións que repercuten aínda máis na vida da veciñanza, tamén na de Santiago, como é o gasto en educación, sanidade, axudas á dependencia, ou axudas ás familias”. 

Falta de compromiso con Santiago

No que tén que ver coas partidas concretas para Santiago, Rozas considerou que os presupostos “son absolutamente decepcionantes”. A concelleira de CA foi moi crítica coa partida para o Consorcio, que tan só se incrementa 200.000 euros con respecto a 2022, “porque confirma o que xa sospeitabamos: que o Real Padroado celebrado hai máis dun ano só serviu para que o alcalde Bugallo vendera fume, porque seguimos sen saber nada dos máis de 280 millóns de euros comprometidos nesa xuntanza”.

María Rozas recoñeceu tamén “certa preocupación coa marcha do proxecto da EDAR, porque ainda que aparece nos orzamentos, o groso do investimento non se prevé ata 2024 e a data fixada para o remate da actuación é o 2027”. Esas previsións, sinalou, “chocan co anunciado hai tan só un ano, cando se nos dixo que a nova depuradora entraría en funcionamento a finais de 2025 ou principios de 2026”. A concelleira de CA urxiu ao alcalde “a estar vixilante a e exixir que se cumpran os compromisos adquiridos con Santiago, nunha infraestrutura pola que xa levamos demasiados anos agardando e que, hai que lembralo, foi desbloqueada polo Goberno de Compostela Aberta”.

Por último, María Rozas considerou “preocupante que Santiago non aparece en ningunha partida concreta do Plan de Recuperación e Resiliencia, ao contrario do que acontece con outras cidades galegas”. A concelleira pediulle ao alcalde que “aclare se a capital galega vai recibir algúns destes fondos, a través dalgunha partida xenérica que non estea concretada, porque do contrario estariamos falando novamente de proxectos que xa foron publicitados reiteradamente, pero que non verán a luz”.

 

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo